TUI
O vindeiro domingo terá lugar a XXI Romaría "Os nosos fariñeiros. Burros e Muíños"
Tralo aprazamento da Romaría, prevista para o 1º de maio, debido as condicións climatolóxicas, a Asociación Muiñeiros do Río Tripes ten todo disposto para poder celebrar o próximo domingo esta tradicional cita coa cultura muiñeira.
Un ano máis o entorno do Río Tripes, en Tui, volverá recibir centenares de persoas para gozar dunha xornada chea de actividades, artesanía, música e gastronomía.
Dende primeira hora da mañá, estará a Treboada Baixo Miño anunciando a festa nos barrios próximos de Randufe e Pazos de Reis. As 10:30 sairá o tradicional desfile cara o lugar da Ponte, onde os representantes do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo darán o pregón de inicio. A continuación, farase a inauguración dunha placa coa partitura da "Muiñeira do Tripes", unha composición de Erick Feles inspirada na melodía de Alberto Romero "Romer". O grupo folclórico da Asociación do Traxe Tradicional de Tui interpretará esta melodía e outras da nosa tradición cultural.
A partires dese momento, comenzarán a moer os muíños, haberá degustación gratuíta de papas de millo, obradoiros para os cativos, xogos populares, postos de artesanía e unha exposición dos muíños de man de "Romer", quen explicará aos asistentes a evolución deste enxeños. A música ao vivo seguirá a sonar, disto encargaranse os grupos de gaitas de Xuntanza e Inquedanzas e as Pandeireteiras Darraia.
A Asociación terá á disposición dos asistentes unha ampla oferta de gastronomía tradicional a prezos populares, onde non faltarán as empanadas de pan de millo e de trigo, pero tamén haberá garavanzos, chourizo e xamón asado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129