Martes, 16 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 19 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui vén de sacar a licitación os 20 postos do Mercado de Abastos

As persoas interesadas teñen de prazo até o 29 de maio, para presentar a súa proposta

O Concello de Tui vén de sacar a licitación os 20 postos do Mercado de Abastos por un período de 15 anos. As persoas interesadas dispoñen até o 29 de maio, para presentar as súas propostas.  

 


Dos 20 postos que saen a licitación 7 serán destinados a peixería, 3 a carnicería, 2 a froita e verdura, 2 a alimentación xeral, 2 a florería, 1 a alimentación e produtos conxelados, 1 a alimentación gourmet, 1 a panadería, e 1 a espazo gastronómico. A superficie dos mesmos oscila entre os 89,6 m2 do espazo gastronómico, e os 15,7 de dúas peixerías. O canón mínimo que deberán aboar as persoas adxudicatarias polos 15 anos de concesión será  de 250 € por metro cadrado do posto. O pago poderase realizar anualmente aboando 1/15 do importe total.


No proxecto de concesión demanial para a explotación dos postos do Mercado Municipal de Abastos de Tui, onde se recollen as bases desta licitación, sinálase que o acondicionamento e equipamento dos postos será a cargo das persoas adxudicatarias.


Na presentación da documentación deberase xustificar a solvencia profesional acreditando unha experiencia de tres anos de forma continuada na actividade á que optan dende o 1 de xaneiro de 2010.


A presentación das propostas realizarase a través da Plataforma de Contratación do Sector Público até o 29 deste mes de maio, debendo as persoas licitadoras estár rexistradas nesta plataforma. A proposición presentada para tomar parte nesta licitación debe incluír a documentación administrativa requirida, unha memoria de actividade e obra e relación de equipamentos e a oferta económica.


Na memoria dispoñible Plataforma de Contratación do Sector Público pódense consultar as fichas de cada un dos 20 postos nos que se recolle un plano, a superficie, as instalacións e o uso. Recóllese asemade o modelo de declaración responsable e de proposición económica, así como as directrices de estilo para os postos.  
O Mercado de Abastos está arestora sendo obxecto dunha obras de reforma que teñen, entre outros obxectivos, cumprir os requisitos para poder acadar o selo de “Mercado excelente”.


A praza tudense está pechada a actividade comercial dende o pasado 6 de maio debido ao inicio da segunda fase das obras que van supor a modernización e actualización destas instalacións. O investimento que se está a realizar nesta reforma acada o 1,3 millóns de euros financiadas nun 80% con fondos europeos Next Generation.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.