GALICIA
A Xunta reitera a necesidade de crear novos xulgados de violencia de xénero
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, respondeu esta semana a unha interpelación sobre o balance de denuncias en violencia de xénero
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, respondeu esta semana a unha interpelación sobre o balance de denuncias en violencia de xénero. Durante a súa intervención, incidiu na necesidade de crear novos xulgados de violencia de xénero nas principais cidades galegas para atender ao incremento de casos que se ten producido nos últimos anos.
Neste sentido, a conselleira lamentou que esta reclamación realizada polo Goberno galego e polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fora ignorada en varias ocasións polo executivo de Pedro Sánchez. Así mesmo, destaca que o incremento no número de denuncias constata que cada vez máis mulleres cren no sistema e denuncian aquelas situacións machistas que sofren no seu día a día.
Pola súa banda, Fabiola García sinalou que o Goberno galego seguirá traballando para impulsar medidas de calado tanto no ámbito lexislativo, como na dotación de recursos para as vítimas e na prevención. Así mesmo, lembrou que a Xunta multiplicou por catro o orzamento destinado a esta materia desde o ano 2009, pasando dos 13,8 millóns destinados naquel ano, aos máis de 55 millóns da actualidade.
Entre os retos do futuro, a conselleira puxo o foco na potenciación das casas de collida, dotándoas de máis servizos e programas; na posta en marcha dos cinco primeiros centros de crise 24 horas; no reforzo da atención psicolóxica ás mulleres en núcleos rurais; e na coordinación con todos os organismos e corpos de seguridade do Estado, a fin de identificar con máis facilidade posibles casos.
A conselleira puxo en valor a creación das novas direccións xerais de Loita Contra a Violencia de Xénero e Promoción da Igualdade. Dúas direccións pioneiras en toda España, que permitirán liderar as actuacións nesta materia e que incidirá nunha maior especialización, tal e como esixe o convenio de Istambul.
CRAPD Vigo
Posteriormente, Fabiola García respondeu a unha pregunta oral sobre a atención no centro residencial CRAPD I de Vigo. Durante a súa intervención, lembrou que a normativa vixente contempla o ingreso de persoas con patoloxías crónicas nunha residencia, compaxinando sempre a súa correcta atención co benestar dos demais usuarios.
Neste sentido, apuntou que o Goberno galego traballa en mellorar a atención a estas persoas coa creación de unidades psicoxeriátricas nestes centros e coa posta en marcha de programas específicos a través do Sergas. Ademais, a Xunta conta cun protocolo de actuación para actuar en casos de agresións por parte de calquera usuario e aposta por evitar estereotipos sobre as persoas con problemas de saúde mental.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129