GALICIA
Un exemplo de boas prácticas na educación especial o Campionato de Baristas
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Eugenia Pérez asiste á segunda edición deste certame no que participaron seis centros galegos
A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, participou na entrega de premios do II Campionato de Baristas de Colexios de Educación Especial que se celebrou, por segundo ano consecutivo, no Pazo de Goiáns. “É un gusto ver a implicación do alumnado e o gran labor do profesorado con este certame, que serve para poñer en práctica o aprendido nas aulas”, sinalou Eugenia Pérez.
O primeiro premio recaeu no Centro de Educación Especial CEE Manuel López Navalón de Santiago, mentres que o segundo foi para o centro Terras de Ferrol e o terceiro para o CEE de Panxón. No campionato participaron un total de seis centros de Educación Especial de Galicia. A maiores dos gañadores, estiveron presentes o María Mariño da Coruña, Infanta Elena de Monforte de Lemos e Saladino Cortizo de Vigo, estando representados cada un por unha parella de alumnos.
Máis alá do propio concurso, que consistiu na elaboración de varios tipos de cafés, esta iniciativa tamén contou cun obradoiro de galletas e outro de cocteleira sen alcol para o alumnado dos centros asistentes. “Este tipo de prácticas son moi ben acollidas polos centros e alumnado, pois son unha maneira de amosar a evolución do seu aprendizaxe nos programas de Formación Profesional”, concluíu a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60