MOS
Volta a GolfManía a Pereiras
Esta tarde presentouse no Concello de Mos a 12 Edición da concentración de coches do mítico modelo Volkswagen que se celebrará o vindeiro venres 17 de maio
Esta tarde presentouse no Concello de Mos a 12 Edición da GolfManía que se celebrará coa habitual saída desde Pereiras o vindeiro venres 17 de maio.
Os condutores do mítico modelo Volkswagen Golf interesados en participar nesta concentración aínda poden inscribirse.
A programación do evento comezará o venres en horario de 9:00 - 12:30h coa recepción de vehículos inscritos. Ás 12:45h saída de vehículos dirección San Cosme, Mirador de Herville (parada con pinchos), Zamáns, Vincios, Chandebrito, subida ó Monte Aloia, Tui, Areas onde será a comida, sobre as 14:30 na Rectoral de Areas. Tras finalizar a comida visitarase algún lugar cercano de interese se o tempo acompaña, onde se fará a despedida desta décimo segunda edición.
Para formalizar a inscrición os interesados deberán realizar o pago mediante Bizum ou transferencia e en concepto poñer o número de DNI do titular do pago (en caso de transferencia, enviar xustificante de pago a algún membro da organización).
O número de conta para a transferencia bancaria é IBAN: ES59 0049 7861 0229 1001 8612 e o teléfono para o BIZUM: 617370715
Unha vez realizado o pago débese comunicar á organización que a persoa en cuestión está rexistrads e o modelo de GOLF co que asistirá.
En caso de asistir só ao roteiro (sen comida), son 3€/coche, en caso de asistir tamén á comida son 30€/pers + 3€/coche.
O menú é fixo, en caso dalgunha alerxia, intolerancia ou outro problema, debe ser comunicado á organización, e farase un menú especial sen problema (menú infantil opcional 3-12 anos / 18€).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126