MOS
Mos na loita contra o idadismo
O alumnado dos CEIPs do municipio participan en actividades no Centro de Día de Torroso
Con motivo da celebración do primeiro aniversario do Centro de Día O Son do Regueiro de Torroso, desde a concellería de Educación mosense promóvense actividades interxeracionais de convivencia entre os maiores usuarios do Centro e alumnado dos CEIPs do municipio. Á iniciativa desenvolvida esta semana coa rapazada do CEIP de Petelos asistiron tamén a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro.
O fomento de programas interxeracionais ven sendo unha constante habitual no Concello de Mos que se vén intensificando nos últimos tempos. Este tipo de iniciativas desenvólvense dende hai anos con outros proxectos como o do intercambio de cartas entre membros de AFAGA e alumnado do CEIP de Atín-Cela durante a pandemia, o programa de voluntariado interxeracional Sinerxias no que participaba mocidade e maiores do municipio… etc.
Tras aqueles programas pioneiros chegan outros novos como o que naceu o pasado curso escolar 2022/2023, consistente no concurso de debuxo para a realización do logo do Centro de Día O Son do Regueiro, que se inaugurou en abril de 2023 na parroquia de Torroso.
Con motivo dese primeiro aniversario, e co obxectivo de agradecer o alumnado a súa participación no concurso, así como para dar a coñecer a cativada este recurso social, proponse a actividade “Visita o Centro de Día”, unha actividade interxeracional onde cativada e maiores, poden gozar dunhas horas de compañía mutua e aprendizaxe.
É moi importante romper co idadismo, coa discriminación das persoas por razón da idade, na nosa sociedade. Pequenos e maiores teñen moito que ensinar, e moito que opinar, dicir e facer. Por elo, con esta actividade, preténdese que uns e outros aprendan das capacidades, ideas, etc., dos demais.
A actividades interxeracionais, son unha ferramenta moi válida para superar os posibles prexuízos e favorecer o entendemento entre as diferentes xeracións.
A implicación física, cognitiva e emocional das persoas maiores neste tipo de actividades colaboran no mantemento do seu envellecemento activo, supoñendo un aumento da confianza en si mesmo e unha mellora das capacidades físicas e cognitivas. E para a cativada, este tipo de actividades fai que tomen conciencia en como son as persoas maiores, que quere dicir que é facerse maior, e aprenden a ver os nosos maiores con normalidade, descubrindo cualidades que poñen quedar ocultas por prexuízos que transmite a sociedade.
Por todo elo, presentase por parte do Centro de día, unha serie de actividades para realizar na visita de cada centro educativo, organizada polas persoas usuarias do centro de Día, en colaboración co persoal do mesmo, e onde os nenos e maiores compartiran momentos inesquecibles.
Nesta actividade participarán un total de 92 rapaces e rapazas de 6º curso de todos os centros de primaria do Concello de Mos que participaron no concurso de debuxo para o logo do Centro de Día “O Son do Regueiro” o curso pasado. Do CEIP Petelos 18 escolares, do CEIP Pena de Francia 34, do CEIP Mestre Martínez Alonso 21 e do CEIP Mestre Valverde Mayo 19.
As visitas ao Centro de Día O Son do Regueiro de Torroso comezaron o pasado 30 de abril co alumnado do CEIP Mestre Martínez Alonso que levou a acabo a confección dun maio. O 3 de maio, foi o alumnado do CEIP Mestre Valverde Mayo que realizou un plantío na horta. O 15 de maio, o alumnado do CEIP de Petelos pintou un mural. E a actividade rematará o 17 de xuño, co alumnado do CEIP Pena de Francia, elaborando un floreiro sobre papel.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116