SALCEDA DE CASELAS
Un programa conxunto beneficiará a 60 familias de Salceda e Salvaterra
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, inician unha nova iniciativa orientada á corresponsabilidade familiar e á promoción da conciliación. O proxecto, titulado “Acompañando á infancia e adolescencia dende a coeducación”, recibiu unha axuda de 10.586,27€ da Xunta de Galicia e atenderá a 60 familias.
O programa ofrece apoio e acompañamento ás familias e á cativada nos seus procesos e situacións vitais, a través dunha escola de familias e diversas iniciativas. Este abordará temas como comunicación efectiva na familia, prevención de relacións tóxicas e igualdade de xénero. Para facilitar a asistencia, haberá servizos de atención e ocio para os menores durante as sesións.
Ademais, un total de 60 menores participarán en actividades de conciliación e promoción da igualdade de xénero, cubrindo un total de 260 horas de atencións. O programa seleccionará os participantes a través dos servizos sociais de ambos concellos.
As alcaldesas de Salceda e Salvaterra destacaron a importancia desta iniciativa para atender as necesidades das familias e promover a implicación dos homes nos coidados dos fillos e fillas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129