Viernes, 12 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 18 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
Ponteareas

CNPonteareas vence e ascende a División de Honra na final de liga galega de natación

O pasado sábado 11 de maio, a piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino acolleu a final de liga galega de natación en 1ª división, onde o anfitrión CNPonteareas logrou a vitoria, o campionato e o ascenso a División de Honra, xunto co CN Galaico de Pontevedra.

 

 

A nivel individual, destacaron as actuacións de Sofía Carballo (vencedora nas tres probas de braza: 50, 100 e 200), Iria Lemos (50 libre e 100 bolboreta), Carla Faro e Martín Carrera (200 e 400 estilos), Alba Ortiz (200 bolboreta), Naiara Eijo (50, 100 e 200 costas) e Yoel González (200 costas).

 

O club tamén se impuxo en todos os relevos femininos, malia non contar con Pablo Cabana, estudante en Wingate University, e Carla Carrón, concentrada coa selección española en Andorra. A dirección técnica do club felicitou aos seus deportistas polo ascenso á máxima categoría galega e espera contar con Cabana e Carrón nas próximas citas autonómicas e nacionais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.