
Data: 08/06/2024
Hora: 22:00
Lugar: Pazo de Mos
Francisco Castro presentará o seu primeiro disco titulado "Agora é o tempo" (Awanta Producciones, 2023) no Pazo de Mos. O artista galego, acompañado pola Banda dos Borges, ofrecerá un concerto onde o público poderá desfrutar dun repertorio que viaxa entre o rock, o funkie e o pop máis vitalista, sen esquecer algunha balada.
A música de Castro caracterízase por ritmos pegadizos e letras intensas que reflicten a súa forza poética. As súas cancións reivindican a vida e invitan a reflexionar sobre a realidade que nos rodea. Unha cita imprescindible para os amantes da boa música e das letras con fondo.
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.