Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 20 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:

Nova pérgola na cantina do campo de fútbol de Budiño

Atendendo á demanda do CD San Salvador de Budiño e dos usuarios do campo de fútbol de Budiño, o Concello do Porriño realizou melloras significativas na cantina do campo das Reloas.

 

 

As obras inclúen a instalación dunha nova pérgola de avance da cantina e a reparación da barra existente. A nova cuberta consta dunha estrutura de perfilería galvanizada, con cuberta de chapa de 30 mm de espesor, adaptándose a unha base irregular de 5100 mm de ancho nun extremo e 3800 mm no outro, cunha lonxitude de dez metros. Ademais, as baldeiras da barra foron substituídas por unha nova de aluminio soldado.

 

Estas melloras tiveron un custo de preto de 9.000 euros, financiados con fondos propios do Concello do Porriño.

 

"Estas melloras eran moi demandadas tanto polo club de fútbol como polos deportistas e persoas que fan uso destas instalacións", declarou o alcalde, Alejandro Lorenzo. "O de Budiño é un club cunha gran afección e moita actividade. Desde o Concello, mantemos a nosa aposta pola práctica deportiva e contribuiremos a que poida desenvolverse nas mellores condicións".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.