REDONDELA
A Xunta elinina un vertido de augas residuais no concello de Redondela
Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente do organismo autonómico Augas de Galicia, detectaron a incidencia nunha inspección rutineira
A Xunta, a través do ente autonómico Augas de Galicia, contribuíu á eliminación dun punto de vertido de augas residuais que afectaba a un rego no lugar do Carballiño, no concello pontevedrés de Redondela.
O persoal do Programa de Control de Vertidos constatou esta anomalía no transcurso dos labores rutineiros de inspección que vén desenvolvendo no ámbito dos concellos integrados na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. Nese momento comprobaron a existencia dunha deficiencia na acometida dunha vivenda á rede de saneamento municipal que discorre polo lugar, provocando ese vertido de augas residuais sen depurar ao dominio público.
Ante esta situación, os profesionais de Augas de Galicia procederon a comunicar o problema ao Concello de Redondela co obxectivo de que adoptase as medidas correctoras oportunas co fin de reparar a situación.
Nunha inspección posterior dos técnicos á mesma zona verificouse o cese do caudal de augas residuais unha vez corrixida e deficiencia, co que se constatou a eliminación dese vertido incontrolado á rede de saneamento do municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60