Sábado, 13 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 22 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
NIGRAN

A Deputación concede 40.000 € para unha pista de surf skate en Patos

Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,7 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha axuda ao Concello de Nigrán, por valor de preto de 40.000 euros, coa que poderá facer fronte á dotación dunha pista de surf skate que se instalará na contorna da praia de Patos. Estes recursos pertencen ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dotado de 4 millóns de euros para todos os concellos da provincia (59) con número de habitantes inferior a 50.000.

 

 

O Concello de Nigrán recibirá un total de 39.161,31 € para dotar a vila desta nova infraestrutura, que se situará na parcela que actualmente ocupa o aparcadoiro e o parque con bambáns. Poderá ser empregado por bicicletas, skates, scooters e rollers para a práctica destes deportes creando un espazo público de calidade que non modifique a contorna. A maioría das medidas dos elementos serán axeitados para todas as idades e niveis, pero con algúns obstáculos para practicantes de nivel máis avanzado que poderán empregar a medida que vaian ascendendo.

 

O obxectivo do surfskate é levar os movementos e as sensacións do surf ao asfalto, empregando un skate cuns eixes que simulan o movemento fluído dunha táboa de surf nunha onda. A pista estará deseñada en forma de anel pechado para o seu uso simultáneo por parte de varios usuarios, cun lado recto con curva de 2,4 e 7 metros e outro máis sinuoso con curvas de 2,4 e 2,4 metros, de carácter máis técnico. Toda a instalación construirase en asfalto e toda a zona de rodadura e mais as plataformas terán transicións curvas de xeito que os movementos sexan continuos e fluídos.

 

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación mobilizou ata o momento máis de 2,7 dos 4 millóns de euros do orzamento total, con achegas para Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, O Rosal, Rodeiro, Ribadumia, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.