Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 22 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Obradoiros nos institutos do Porriño para prevenir adiccións

Alumnos/as, pais e nais, e mestres/as reciben ferramentas para prevenir adiccións relacionadas cas drogas e as novas tecnoloxías

Os estudantes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do Porriño -un total de 223- participan en obradoiros de prevención de adiccións, organizados polo Concello xunto coa Conxellería de Sanidade. Baixo o lema “NON PASA NADA, PASA ALGO?”, a Asociación Érguete foi a encargada de impartir esta actividade.

 

 

“Queremos que aprendan todas as realidades que pode agochar un problema de adicción e tamén que entendan a importancia de saber dicir que non”, destacan na Asociación.


Con estos obradoiros, O Porriño pon fin ás formacións levadas a cabo nos centros de ensino do Porriño e Mos ao aveiro da subvención da Consellería de Sanidade en materia de Prevención de Conductas Adictivas ao longo do curso 23/24.


Os obradoiros destináronse a nenos/as, mozos/as, ás súas familias e aos propios centros, promovendo actividades en positivo e informando adecuadamente e por profesionais dos riscos que supoñen o alcol, o tabaco e os distintos tipos de drogas, así como dos novos tipos de adiccións na nosa sociedade que chegan da man das novas tecnoloxías, como o xogo online, os videoxogos e a redes sociais.


Proporcionar ferramentas de autocoñecemento, de resistencia á presión do grupo ou de traballo en equipo, facer que eles sexan quen de pór en valor alternativas de ocio saúdables ou formar familias e mestres que colaboren nesta prevención e na supervisión dos proxectos dos mozos/as, son os obxectivos destas formacións.


“Dende o Concello traballaremos para que as novas xeracións exploren todo o seu potencial sen os límites e as ataduras que supoñen as adiccións”, indica Teresa Veloso, concelleira de Sanidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.