DEPORTES
O concello de Nigrán celebra este sábado a ‘VIII Carreira Nocturna’ con máis de 500 inscritos
Arrancará ás 20:30 horas desde o Campo de Redes na categoría Infantil e ás 21:30 horas na categoría Absoluta
O Concello de Nigrán e Noko360 organiza este sábado 25 de maio a ‘VIII Carreira Nocturna’ con 500 adultos inscritos na proba Absoluta e 230 crianzas na Infantil (o prazo para anotarse remata a medianoite deste mércores en https://www.deporticket.com/web-evento/9728-nocturna-nigran). A proba, apadriñada polo ex-futbolista nigranés Jorge Otero, foi presentada esta mañá en Praia América xunto á edil de Deportes Sara Penedo, o edil de Cultura e clasificado terceiro o ano pasado, Roberto Garrido, o promotor da mesma, Dani Panteón, e o propio Jorge Otero.
A carreira consta de 5.000 metros ou 10.000 metros por asfalto (corresponde a unha ou dúas voltas) con saída e chegada desde o Campo das Redes, pasando por toda Praia América ata Lourido. A saída da carreira Absoluta é ás 21:30 horas en ambas distancias e as categorías infantís ás 20:30 horas.
A proba está patrocinada por Noso Cao, Kami Pastelería, Dacss e Gadis.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60