Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 24 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Adxudicación do programa “+Xuntas” por máis de 300.000 euros

No marco desta iniciativa para a promoción da igualdade desenvolveranse máis de 200 obradoiros relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta semana  a adxudicación do programa “+Xuntas”, cunha oferta de 1.562,29 euros por obradoiro ata chegar a un orzamento de 324.000 euros. O presidente da institución provincial, Luis López, deu conta en rolda de prensa deste avance nunha iniciativa de formación enmarcada na igualdade, cuxos obxectivos pasan por crear redes de apoio para impulsar a participación activa e xerar vínculos entre as participantes, así como fomentar as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias.

 

 

Beneficiaranse do programa “+Xuntas” as federacións, asociacións e fundacións sen fins de lucro da provincia que teñan como obxectivo a promoción das mulleres e apoien o seu desenvolvemento. A todas elas ofertóuselle a posibilidade de realizar un total de 207 accións (unha por cada entidade) dun catálogo de 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.

 

O presidente provincial valorou que “despois de celebrar con enorme éxito a semana pasada os primeiros premios ‘E ti, que pensas da igualdade?’, onde nos demos cita con 400 rapaces no auditorio do Centro Príncipe Felipe, hoxe a Deputación dá un paso máis adiante neste eido fundamental para nós e para a sociedade como é a igualdade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.