Sábado, 13 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 25 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Retiran en Patos preto de 1 tonelada 
da especie invasora margarida africana

Unha trintena de persoas colaborou enchendo un total de 50 sacos

O Concello de Nigrán retirou o pasado domingo preto dunha tonelada da especie invasora margarida africana en toda a praia de Patos. Guiados por educadores ambientais, unha trintena de voluntarios (moitos deles participantes en Panxón no encontro da asociación de persoas con enfermidade renal Alcer) sacaron preto de 50 sacos de 20 kg de peso cada un. Ademais, os participantes recibiron unha breve explicación sobre a flora dunar, a súa fraxilidade e a súa importancia, asi como as especies máis representativas e as súas ameazas.

 

 

“Ao igual que realizamos habitualmente actividades de concienciación ambiental como identificación e retirada de lixo das praias, consideramos importante facelo  tamén con especies invasoras como a margarida africana, unha planta moi fermosa que a priori parece inofensiva pero que resulta moi prexudicial para o noso ecosistema”, explica o alcalde, Juan González, quen agradece o labor do voluntariado.

 

En tempos recentes aumentou a presenza de margarida africana en toda Galicia, atopándose varios grupos moi extendidos na praia de Patos e afectando directamente a varias especies raras ou ameazadas das dunas galegas por competencia de espazo físico e alteración do medio, por iso o Concello decidíu intervir.

 

A retirada manual ou con ferramentas de cultivo como anciños é unha das mellores opcións para a erradicación desta especie. Para iso débense comezar os traballos de retirada no límite exterior da zona invadida, e ir avanzando progresivamente cara ao interior. No caso de plantas sen rizomas, a terra que rodea a raíz debe ser apartada para intentar retirala en toda a súa extensión. Nos casos en que a planta presente estolóns ou rizomas, deberase tirar suavemente do estoló ata detectar onde enraíza. Nese punto débese apartar a terra de arredor do nódulo, extraendo a raíz, se pode ser, intacta. Todos os fragmentos da planta deben ser retirados, xa que os talos teñen capacidade para reabrollar se se deixan nunha zona húmida. Hai que ter en conta que o centro da zona invadida presentará as plantasmáis antigas que van ter sistemas radicais máis profundos. Ademais, a densidade nestas zonas centrais é, normalmente, maior que na periferia.

 

Esta planta é orixinaria de Sudáfrica (zona do Cabo) e foi introducida para uso ornamental, en Portugal tense constancia da súa existencia a partir do ano 1800 e en Galicia desde 1900. A especie propágase facilmente en zonas alteradas costeiras e o uso intensivo dos areais costeiros favorece a súa expansión, ocupando o lugar ecolóxico de numerosas especies dunares autóctonas. Compórtase como invasora en diferentes lugares do mundo, como nos Estados Unidos, Australia, Nova Celandia, Xapón ou América do Sur. Na península Ibérica atópase no litoral cantábrico, atlántico e en menor medida no Mediterráneo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.