Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 22 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación analiza as claves do futuro do sector naval na súa aula de formación en Navalia

A aula organizada pola institución provincial é froito do primeiro patrocinio da súa historia no marco da Feira Internacional da Industria Naval que se está a celebrar en Vigo

As actividades que está a organizar a Deputación de Pontevedra no marco da súa aula de formación en Navalia, a Feira Internacional da Industrial Naval de Vigo, están a permitir coñecer as claves dalgunhas das cuestións que máis preocupan ao sector á hora de abordar o seu futuro. A institución provincial impulsa estas accións froito do primeiro patrocinio na historia da Deputación a este evento, que reúne milleiros de visitantes de todo o mundo en torno a un sector estratéxico para o desenvolvemento da provincia.

 

Neste sentido, a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, indicou que o apoio da institución provincial “non é un feito anecdótico” por canto “somos moi conscientes de que o naval, do mesmo xeito que todo o que ten que ver co mar, é un sector estratéxico para a nosa provincia”. Convencida de que se superarán os 20.000 visitantes alcanzados o pasado ano, Sánchez ve nesta feira un “potencial de captación magnífico para a nosa aula”, onde, dixo, “abordáranse cuestións de vital importancia para o desenvolvemento e o futuro do sector” relacionadas coa enerxía, o almacenamento de hidróxeno, a sustentabilidade, o impacto ambiental ou a mellora da eficiencia na construción naval.

 

Deste xeito, a aula de formación da Deputación acolle este mércores unha xornada organizada por GABADI e Bureau Veritas co título “Solucións aos regulamentos de descarbonización da Organización Marítima Internacional-Marpol (Convenio internacional para previr a contaminación polos buques) e da Unión Europea en 2050. Impacto no sector marítimo, oportunidades e retos”, distribuída en cinco paneis que xiran arredor do gas natural licuado, o H2/ammonia, o metanol e o etanol e mais as tecnoloxías, con máis dunha vintena de expertos de firmas internacionais. Tamén se exporán nela algúns dos proxectos da ‘Zona de Innovación’ que incorpora este ano a feira, deseñada para apoiar e incentivar o ecosistema emprendedor do sector, e se analizarán as “Solucións de almacenamento de hidróxeno mediante a xeración de amoníaco verde como combustible multipropósito”, da man de Soermar.

 

Mañá xoves 23 de maio, en horario de mañá, terán lugar na aula da Deputación dúas. A primeira será a conferencia “Solucións modulares alternativas á soldadura”, a cargo de Sergio Forcelledo, trade manager da firma E&I, e con representación da firma Hilti. E, por último, a mesa “Enerxía naval do futuro: Solucións Innovadoras de Almacenamento Enerxético en Proxectos Europeos enfocados á Descarbonización e Desenvolvemento con Baterías”, organizada por Soermar e con representación de SEABAT, Hypobatt, AENEAS e o proxecto Flexship.

 

As actividades da aula de formación da Deputación en Navalia comezaron este martes con tres conferencias arredor da redución de custos utilizando ferramentas imantadas na construción naval e industrial, a redución de custos e tempos de ciclo utilizando ferramentas magnéticas na industria moto motriz e sobre combater a corrosión xerando un bo perfil de ancoraxe con pelo de aceiro ou aceiro inoxidable sen aplicar o granallado tradicional, e mais outra rolda de exposicións dos proxectos da ‘Zona de Innovación’ da feira.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.