GALICIA
A Xunta destina máis de 602m€ este ano ao apoio aos concellos a través de distintas liñas de axuda
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, deu conta no Parlamento dos resultados das medidas específicas do seu departamento, que impulsaron o pasado ano máis de 600 proxectos municipais cun investimento de 27,2M€
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, interveu na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento para dar conta dos resultados da orde infraestruturas de uso público, que contou o pasado ano cun orzamento de 3,5 millóns de euros. A medida enmárcase no compromiso da Xunta cos concellos a través de distintas liñas de axudas que suman en 2024 máis de 602 millóns de euros. A contía increméntase 38 millóns de euros con respecto ao anterior exercicio.
Segundo explicou Natalia Prieto neses 602 millóns inclúense os 152 correspondentes ao Fondo de Cooperación Local, entre outros programas de apoio. A Xunta quere así contribuír á suficiencia financeira das administracións locais galegas, a pesar de ser responsabilidade do Goberno central. Trátase de compensar “o esforzo que deben facer para manter en parámetros de calidade aceptable unha prestación de servizos que resulta máis custosa por efecto da dispersión e o despoboamento, que se acentúan nos concellos do interior”, apuntou.
Nesta liña, a directora xeral incidiu en que o Goberno galego lle seguirá reclamando ao Estado “un sistema de financiamento xusto que recoñeza as peculiaridades do noso territorio, que teña en conta os criterios de dispersión e envellecemento da poboación”.
No que se refire ás liñas de axudas impulsadas pola Xunta, Natalia Prieto destacou as xestionadas polo seu departamento, como o a Orde de infraestruturas de uso público, o Fondo de Compensación Ambiental ou o fondo adicional do Fondo de Cooperación Local. Todas elas supuxeron un investimento global de 27,2 millóns de euros que permitiron impulsar máis de 600 proxectos municipais, a meirande parte nos concellos de menor poboación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129