Domingo, 28 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 23 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Xunta e Concello abordan o proxecto do novo parque empresarial de arrufana en Louredo

O novo polígono contará cunha superficie de preto de 480.000 metros cadrados

A directora de Estratexia industrial e solo empresarial da Consellería de Economía e Industria, Margarita Ardao e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, mantiveron no salón de sesións do Concello de Mos unha reunión de traballo para abordar o novo parque empresarial de Arrufana en Louredo.

 

 

A Xunta adxudicou en novembro do 2023 a redacción do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (PEOSE) para a creación deste parque empresarial situado na parroquia mosense de Louredo.

 

O contrato para a elaboración do plan, autorizado polo consello de administración da empresa pública Xestur, pretende ordenar unha superficie de preto de 480.000 metros cadrados en terreos deste concello para poñela á disposición do tecido empresarial.

 

A ampliación dos parques empresariais enmárcase no obxectivo do Goberno galego de rematar esta lexislatura con oito millóns de metros cadrados de solo industrial. Unha medida que xunto á do solo público empresarial de titularidade autonómica a custe cero durante os primeiros oito anos de actividade facilitará a atracción de empresas coa finalidade de potenciar a actividade económica e a creación de emprego de calidade, toda vez que o sector industrial é un potente factor de innovación e competitividade e un área crucial para o proceso de transición ecolóxica e dixital.

 

Pola súa banda Arévalo, rexedora local mosense, apuntou que “con este novo solo empresarial en Arrufana, Mos poderá seguir crecendo como territorio de oportunidades de economía e emprego, ao contar co polígono da Veigadaña ao completo”. “Somos o 4º municipio con maior tecido industrial da provincia e cun horizonte de crecemento neste senso, polo que é fundamental a man tendida da Xunta de Galicia para proporcionar este balón de osíxeno para o futuro empresarial de Mos, como é este novo solo no que seguir progresando en Arrufana”, concluíu a alcaldesa Nidia Arévalo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.