Domingo, 28 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 23 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
Mos

O Concello denuncia que as acusacións de Ecoloxistas en Acción son "falsas"

Os resultados das analíticas das augas detectadas na Cidade Deportiva do Celta en Pereiras son "óptimos" segundo esta analítica

Os resultados das analíticas  indican que as augas son optimas|Image licensed by © Ingram ImageOs resultados das analíticas indican que as augas son optimas|Image licensed by © Ingram Image

Nun comunicado do Concello asegura que "os informes demostran que as acusacións de Auga e Vida e Ecoloxistas en Acción son falsas e contradícense co resultado da análise da toma de mostras"

Desde o Concello de Mos infórmase, tal e como se comprometeu a alcaldesa, Nidia Arévalo, hai uns días, dos resultados da análise das augas detectadas en Pereiras.

 

 

As analíticas, realizadas por un laboratorio con acreditacións para este tipo de análises de augas, e con trazabilidade, deron un resultado óptimo conforme á lexislación vixente.

 

Neste senso a rexedora local mosense lamenta novamente “esta alarma social innecesaria e infundada, cunha clara intencionalidade política por parte de Ecoloxistas en Acción, Auga e Vida e a Comunidade de Montes de Tameiga”. “Estratexia que veñen desenvolvendo desde 2017 cada vez que hai eleccións”, destaca Arévalo.

 

A alcaldesa informou hoxe de que, tras ter acudido o pasado 13 de maio técnicos municipais para supervisar a toma de mostras, mostras nas que se recolleron augas, mediuse o caudal, tomouse a temperatura das augas, e inspeccionouse e comprobouse o estado das balsas de rego e a rede de saneamento; estas mostras trasladáronse ao laboratorio para a súa posterior análise sendo os resultados das analíticas e declaracións responsables de toma de mostras, óptimas, tal e como era previsto.

 

Do informe do laboratorio extráese que os resultados das analíticas non coinciden en absoluto cos resultados da analítica que aporta Ecoloxistas en Acción” e que “as augas analizadas son empregadas para rego e non se trata de ningún tipo de verquido de augas fecais. Así mesmo especifica que non se está infrinxindo a vixente lexislación, sendo a realidade que se trata de augas que rebosan dunhas balsas destinadas para o rego.

 

É por elo que a rexedora Nidia Arévalo insiste en que “as acusacións realizadas, ademáis de falsas, son moi graves e como se pode comprobar, os resultados das analíticas contradicen estas afirmacións”.

 

Xa hai uns días, cando técnicos municipais acudiron a supervisar e inspeccionar a zona para verificar a procedencia e a calidade das augas referidas, constataron durante esa visita que estas semellaban limpas, o que agora vénse a confirmar cos resultados das analíticas na man.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.