REDONDELA
Empresarios de Redondela reúneuse por primeira vez en seis anos co equipo redactor do PXOM
O Equipo redactor comparte coa Asociación os principios básicos e recoñece o desequilibrio dos Usos do Solo
Por primeira vez en seis anos, a Asociación de Empresarios de Redondela celebrou unha reunión co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Durante o encontro, o equipo redactor, representado por María Ríos Carballeira e Sebastià Jornet do estudo de arquitectura JORNETLLOPPASTOR ARQUITECTES, compartiu cos empresarios os principios básicos do plan e recoñeceu abertamente o desequilibrio entre os usos produtivos e residenciais do solo, unha preocupación manifestada pola entidade empresarial.
Na reunión, celebrada coa presenza de membros da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios, técnicos da entidade, e o Concelleiro de Urbanismo Antonio Cabaleiro, tratáronse temas clave como as Micro Áreas de Actividade Económica (MACE). O equipo redactor amosou a súa disposición para incluír no plan as necesidades específicas e detalladas propostas pola asociación.
A Asociación de Empresarios valorou positivamente este achegamento e a proposta do equipo redactor, aínda que lamentou que a reunión chegase a tan só un mes do peche dos prazos. Consideran que, despois de anos solicitando este encontro, a oferta de elaborar unha proposta técnica e economicamente viable a última hora resulta inadecuada.
Ademais, a asociación lamentou que a reunión programada para o 15 de marzo de 2022 se cancelase o mesmo día. Segundo a entidade, ese encontro puido ser crucial para poñer en marcha os mecanismos necesarios para que o tecido empresarial planificase as actuacións que agora poderían estar reflectidas no plan.
Os planeamentos de desenvolvemento dalgunhas das MACE tamén presentan problemas de viabilidade técnica, polo que a asociación subliñou a importancia de abordar estes aspectos prioritariamente para salvar o pouco tecido industrial que queda na zona.
Para tratar de paliar estas deficiencias, a asociación lanzará a partir do luns un proceso de consultas e reunións co tecido produtivo local, co obxectivo de analizar a situación e as propostas dos distintos sectores produtivos. Non obstante, consideran que precisan dun prazo maior para acometer un proxecto desta envergadura.
Por último, a Asociación de Empresarios destacou a importancia de definir certos principios nas áreas de centralidade urbana como áreas de actividade económica, co fin de consolidar o modelo de Centro Comercial Aberto de Redondela e integralo co resto dos eixos comerciais do municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60