Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 25 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación pon en marcha o programa “+Convivencia” coas primeiras saídas

Un grupo de 93 persoas da ANPA do CEP Dr. Fleming de Vigo visitará o antigo zoo da Madroa e 35 integrantes da Asociación Down Pontevedra “Xuntos” coñecerán a Illa de San Simón

A Deputación de Pontevedra pon en marcha este sábado o novo programa “+Convivencia”, coas primeiras saídas de entidades de Vigo e Pontevedra.  Neste caso serán un grupo de 93 persoas da ANPA do CEP Dr. Fleming de Vigo que visitará Vigonature, o antigo zoo da cidade olívica, e outro de 35 persoas da Asociación Down Pontevedra “Xuntos”, que será recibido pola deputada de Benestar Social Sandra Bastos á súa chegada ao porto de Vigo para tomar o barco cara a Illa de San Simón.

 

 

“+Convivencia”, dotado con 220.000 euros, ten por obxectivo que entidades sen fins de lucro da provincia compartan experiencias e creen espazos de participación ao tempo que coñecen o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da provincia de Pontevedra. O programa provincial oferta un amplo catálogo de actividades de todo tipo: relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, a relixiosa, a popular, cos faros, co Camiño de Santiago ou cos museos. Todas as propostas están abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPAS da provincia e o prazo para solicitar as actividades, que deberán realizarse antes do 15 de decembro, permanecerá aberto ata o 1 de decembro.

 

Como novidade, o Goberno provincial destina este ano a cada entidade unha axuda de ata 1.000 € para que poidan xestionar e deseñar con total autonomía a súa actividade, favorecendo a contratación de empresas do tecido máis próximo e estimulando a economía local. Deste xeito rómpese co que acontecía ata o de agora, pois eran grandes grupos de viaxes, moi afastados das asociacións que organizaban as actividades, os que se facían coas ofertas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.