TURISMO
A rendibilidade hoteleira medra un 2% nos catro primeiros meses do ano
Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) feitos públicos fai uns días revelan os efectos no sector que está a ter a positiva evolución do turismo en Galicia
Nos primeiros catro meses do ano o sector hoteleiro galego continuou avanzando na mellora da súa rendibilidade, cun crecemento do 2% e acadando os niveis maís elevados desde que se teñen rexistros. Así se desprende dos últimos datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Estas cifras constatan os efectos que está a ter a positiva evolución da actividade turística entre o sector hoteleiro. De feito, estímase que nestes catro meses, os hoteis e pensións obtiveron uns ingresos totais nominais de máis de 74M€, cifra que supera o dato do ano pasado así como o valor previo á pandemia cando se facturaban 62 millóns de euros no segmento hoteleiro da comunidade galega. Con isto, esta é a cifra máis elevada da serie histórica.
Os datos que fixo públicos hoxe o INE refírese exclusivamente aos hoteis e pensións, que nuns días se completarán coas cifras para o resto de aloxamentos colectivos (campings, albergues, establecementos de turismo rural…) Con todo, no referido ao sector hoteleiro, os niveis de demanda están sendo positivos e consolida tres anos consecutivos de variación positiva neste primeiro cuadrimestre, fóra de temporada alta.
O 74% das noites hoteleiras corresponderon ao turismo de ámbito nacional e case unha de cada dúas noites nos hoteis e pensións de Galicia corresponderon aos españois que veñen de fóra da comunidade. O mercado interno, dos residentes en Galicia, absorbe o 29% mentres que o 26% restante corresponde ao turismo internacional. Deste xeito, o segmento internacional rexistra o peso máis alto de toda a serie do primeiro cuadrimestre, dous puntos por encima da porcentaxe do pasado ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60