Domingo, 28 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 26 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
Mos

Lorenzana aborda o desenvolvemento de máis solo empresarial en Mos

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo o pasado venres un encontro coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, con quen tratou as necesidades de solo industrial que ten o concello e a futura planificación.

 

 

Este encontro enmárcase na rolda de contactos que Lorenzana está a manter cos distintos rexedores e rexedoras locais, toda vez que a Consellería acaba de asumir as competencias en materia de solo industrial, a través da Dirección xeral de Estratexia industrial e solo empresarial.

 

Na reunión tamén se avaliaron as medidas do Plan de aceleración de proxectos industriais, que garante a tramitación en menos dun ano daquelas iniciativas empresariais con máis de 800.000 euros de investimento.

 

Ademais dos servizos de atención personalizada ás empresas que ofrece a Oficina Económica de Galicia, na xuntanza falouse sobre o programa de axudas da Xunta para polígonos industriais. Trátase dunha primeira liña para a mellora de infraestruturas, dotada de 3,5 M; outra, en proceso de resolución, para a creación de viveiros industriais, con 1,5M€ de orzamento; e, en terceiro lugar, para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica dos parques empresariais, que conta cun crédito de 4,7 M€.

 

A conselleira puxo en valor as funcións da nova Dirección xeral de Estratexia industrial e solo empresarial, que inclúe na planificación industrial e enerxética a capacidade, tamén, para xestionar o solo empresarial que existe en Galicia e desenvolvelo onde sexa necesario.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.