GALICIA
Mellora de máis de 10 quilómetros de tramos fluviais entre os concellos de Ames e Brión
Os traballos, que comezaron no mes de febreiro e remataron na segunda semana de maio, afectaron a diferentes regos e afluentes vencellados co río Sar
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, realizou nos últimos meses distintas actuacións de conservación e mantemento en varios tramos fluviais dos concellos coruñeses de Ames e Brión. Os traballos, que se desenvolveron en máis de 10 quilómetros de diferentes regos ou afluentes vencellados co río Sar, supuxeron un investimento total de preto de 90.000 euros.
Os labores de mellora dos espazos fluviais nestes dous municipios comezaron no mes de febreiro e remataron na segunda semana de maio incluíndo actuacións nun tramo de preto de 4,5 quilómetros do río Sar (entre Ames e Brión), en máis de 2 quilómetros do rego dos Pasos (Ames), arredor de 1,4 quilómetros do rego de Ameneira (Ames), máis de 2,2 quilómetros do rego de Pego (Ames e Brión) e uns 260 metros no rego de Esparille, que transcorre polo concello de Ames.
As tarefas consistiron na retirada de árbores e biomasa presente nas canles fluviais para evitar atoamentos, así como en labores de roza selectiva de arbustos, co fin de reducir a súa competencia coas especies arbóreas propias do bosque de ribeira. As actuacións executáronse coa aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras, contando co apoio doutra maquinaria como tractores e camións.
Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo de conca autonómico, os tramos fluviais nos que se actuou quedaron despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve este tipo de accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección. Algúns dos tramos afectados estaban catalogados ademais como de alto risco potencial significativo de inundación, polo que os labores realizados contribúen a minimizar ese risco.
O obxectivo final destas obras é avanzar e mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60