Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 25 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aconsella manter a vixilancia ante o avance do mildio

Areeiro informa que coas choivas reiteradas desta primavera están a aparecer en certos predios algunhas follas coa necrose característica da botrite. Tamén advirte do crecemento considerable dos machos capturados do tortrícido precoz do castiñeiro

A Deputación de Pontevedra aconsella manter a vixilancia ante o avance do mildio na provincia e manter ben rozada a vexetación baixo as viñas para evitar humidade excesiva e falta de ventilación que favorecen este e outros patóxenos. A Estación Fitopatolóxica Areeiro informa ademais que coas choivas reiteradas desta primavera están a aparecer en certos predios algunhas follas coa necrose característica da botrite. Tamén advirte do crecemento considerable dos machos capturados do tortrícido precoz do castiñeiro.

 

 

O persoal técnico do centro dependente da institución provincial asegura que a humidade dos últimos días é moi favorable ao avance do mildio. De feito, esta semana recolleuse o maior número de esporanxios nos captadores instalados polo proxecto Plasmowine no Salnés e en Areeiro.  Ademais, tense observado manchas en formación con abundante fructificación e tamén acios sintomáticos, aínda que na viñas tratadas a situación está máis controlada. Deste xeito, e dadas as aplicacións antimildio efectuadas, Areeiro aconsella manter a vixilancia, en especial nos predios con infeccións mal controladas e, de seguir aparecendo síntomas, renovar o tratamento ou cambiar de funxicida por outro con diferente modo de acción, para previr a aparición de resistencias.

 

As choivas reiteradas da primavera están a provocar en certos predios a aparición de follas coa necrose característica da botrite.  Ademais, poden provocar que os capuchóns florais non se desprendan ben dos acios en formación e que sobre os restos secos se instale o fungo. Deste xeito, Areeiro recomenda vixiar se finalmente se desprende o capuchón ou non para evitar o avance do fungo.

 

En canto ao castiñeiro, na trampa que a Deputación de Pontevedra ten instalada en Areeiro rexistráronse un número considerable de machos de tortrícido precoz. Neste eido, o persoal técnico do centro aconsella instalar trampas nos soutos e plantacións para comprobar o estado das poboacións desta especie que pode provocar a caída prematura dos ourizos e reducir, así, a colleita de castañas.

 

No que respecta á pataca e outras plantas de horta, Areeiro recomenda renovar o tratamento antimildio xa que o patóxeno se verá favorecido polo estado frondoso das plantas e pola evaporación da auga do solo. E, en canto á bolboreta do buxo, aínda que si se detectaron crisalides, non se capturaron adultos nas trampas instaladas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.