DEPORTES
Balaidos recibe o Campionato Galego Máster
Esta fin de semana os máster terán a súa gran cita autonómica da tempada ca celebración da trixésimo sétima edición correspondente ao seu Campionato Xunta de Galicia de aire libre, que acollerá un ano máis, as emblemáticas vistas viguesas de Balaídos.
A esta citan están chamados a tomar parte máis de 400 atletas entre os que se atopan o actual bicampión de Europa da pasada edición indoor de Torun (Polonia) Juan Manuel Morales del Castillo do Marineda quen tomará parte na proba dos 5.000 marcha.
Xunto ao coruñés, tamén estarán participando no foso de lonxitude a campioa de Europa F35 Tania Valverde do ADAS CUPA e o subcampión continental M50 de A Silva Basi Bernárdez quenes buscarán un bo test de cara aos grandes compromisos de aire libre.
O bimedallista europeo Pablo Fervenza do Samertolomeu sobre os 800 e 1.500 m. na M70 e as atletas do At. Sada Angeles Ripoll nos 5.000 m F65 e Montse Fernández nos 100 m. F55, completan a lista de medallistas europeos da pasada edición indoor.
De igual modo tamén estarán presentes prácticamente a totalidade dos campións e campioas de España da última edición máster levada a cabo a principios de marzo en Donosti. Entre os que se atopan, pasarán polo sintético de Vigo, Bea Viteri do Samertolameu e Dani Giménez do At. Sada en pértega; Carlos Álvarez do Samertolameu en altura M55; Helena Rey da Gimnástica en peso F50; Javi Viteri do Samertolameu en disco e xavelina na M60; o plusmarquista nacional Jose López Cordal do Marineda nos 100 valos M65; Fernández González do Franciscanos de Lugo nos 200 m. M70; Domingo Álvarez do Egovarros nos 400 m. M70; Amalia Luz Sanmartín do Egovarros nos 100 e nos 200 m. F70, así como a campioa mundial de xavelina Angeles Rodríguez de A Silva quen tomará parte sobre este mesmo concurso e sobre o de peso na F65.
Outra das atletas importantes que estará compitindo esta fin de semana, será a plusmarquista mundial Esther Pedrosa quen está anotada para tomar parte nas distancias dos 400 m. e nos 1.500 m. da categoría F60. Xunto á santiaguesa, deixaranse notar nas distancias longas algúns dos medallistas por equipos do recente campionato de Europa de Media maratón disputado en Madeira, entre eles, Amador Pena e Marcelo Lanza da S.D. Compostela, así como Carlos Ferreira do ADAS CUPA.
Nota 41: A hora da verdade para a Gimnástica, Ría, Celta e Narón
Logo da disputa das dúas xornadas previas, esta fin de semana chega o gran momento na liga de clubs tanto en División de Honra como en Primeira na que se atopan incursos varios clubs galegos con moito en xogo.
Comezando pola División de Honra, o único representante galego nesta categoría a Gimnástica de Pontevedra en homes, será quen menos presión e máis esté disfrutando do seu compromiso. Os pontevedreses, nunha fantástica tempada ligueira, conseguían entrar no grupo dos top-8 o que lles dará a opción de estar na loita polo título sen nada en xogo máis alá de facer un bo encontro e disfrutar do seu merecido premio. Todo apunta a que este ano será novamente o Facsa Playas Castellón, quen logre un novo título de liga masculino.
Expectación máxima na Primeira División
A primeira División será a categoría que centre boa parte da atención dos afeccioados e afeccioadas nesta fin de semana. Serán un total de cinco clubs galegos quenes se xoguen todas as súas aspiracións nesta última e decisiva xornada con intereses ben distintos.
De todos eles, será a fase de ascenso feminina á División de Honra a quen conte co maior número de equipos galegos, xa que entre os oito que loitan por un dos dous billetes do ascenso, estarán nada menos que tres conxuntos galegos.
Por unha banda o RIA Ferrol aspira a recuperar a máxima categoría perdida a pasada edición. As ferrolás veñen de gañar todos os seus encontros polo que parten cas máximas aspiracións na súa última e decisiva xornada. Os rivais a bater e cos que terá que pelexar por unha das dúas prazas, serán as madrileñas da A.D. Marathon e da A.D. Sprint así como cas catalás do Cornellá Atletismo.
A Gimnástica de Pontevedra chega xunto ao Celta Feminino nos postos medios da clasificación empatadas a tres puntos, pero que sitúan as pontevedresas por riba cun maior coeficiente. O conxunto do Lérez sumaba un segundo posto no seu encontro inaugural de Vallehermoso e un terceiro en Durango. Pola súa banda o Celta tan só cedía en Valladolid ante o RIA no encontro inaugural, rematando no terceiro posto na segunda xornada levada a cabo en Huesca.
Ambos conxuntos, malia que con poucas opcións, estarán pelexando como neles é habitual por estar o máis alto posible nunha clasificación xeral que apunta moita igualdade e emoción.
Celta e Narón en homes, con obxectivos distintos
En homes, obxectivos dispares para os equipos galegos en liza. Por unha banda o Atletismo Narónintentará amarrar a súa permanencia en primeira para o cal terá que evitar as dúas ultimas posicións do seu encontro a oito equipos que se disputará en Madrid.
A priori os naroneses teñen potencial para estar un ano máis en primeira, máis a última xornada a home por proba, non deixa marxe a erros. Os rivais directos dos galegos serán as formacións da A.D. Sprint , Avinent Manresa, e Aldhara Lleida U.A.
Para o Real Club Celta en cambio, e logo de que estivera moi pretiño nas dúas últimas ocasións, esta representa unha nova oportunidade máis para dar o paso a máxima categoría do atletismo estatal. O conxunto celeste conta os seus encontros por victorias, logo dos triunfos tanto en Gijón como nas pistas madrileñas de Vallehermoso, acudindo a esta xornada decisiva en Castellón, cas máximas aspiracións e confianza.
Un potente UCAM Cartagena, e os conxuntos do Del Sur Cooperativa la Palma e o Atlético Salamanca,postúlanse xunto aos vigueses, como os serios aspirantes ao ascenso nunha xornada que se levará a cabo en Castellón o domingo 26 en xornada de mañá

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129