Vigo
SUMAR Galicia reivindica a clase traballadora e a democracia nas empresas
Estrella Galán e Juan Díaz Villoslada estiveron arroupados por Ramón Sarmiento e Gloria Alonso, o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, e a vicepresidenta do goberno, Yolanda Díaz, durante o acto de campaña de SUMAR Galicia celebrado hoxe en Vigo. Este evento, un dos máis importantes da campaña ás eleccións ao Parlamento Europeo, congregou a centos de cidadáns e cidadás para escoitar as propostas dos candidatos.
Estrella Galán, cabeza de lista, e Juan Díaz Villoslada, candidato por Galicia, centraron os seus discursos nos dereitos dos traballadores e traballadoras e na mellora das condicións laborais. Villoslada subliñou a importancia das políticas europeas para mellorar a situación nas empresas e destacou que a democracia interna nas empresas é esencial. "Precisamos máis democracia dentro das nosas empresas, porque a participación real dos traballadores e traballadoras na toma de decisións mellora a produtividade e as políticas internas", afirmou.
O candidato mencionou exemplos de empresas galegas como Soling, Fandicosta e Maderas Fiber, onde a participación da clase traballadora nas decisións empresariais demostrou ser eficaz.
SUMAR Galicia tamén reivindicou un cambio firme nas políticas fiscais europeas. Villoslada criticou o actual pacto fiscal europeo, sinalando que durante a anterior crise se destruíu moito emprego industrial, empobrecendo o tecido laboral en Galicia. Propoñen reforzar a industria e reindustrializar Galicia, xerando emprego sostible e respectuoso co pacto verde europeo. "Vigo é como Sumar. Sumar é como Vigo: obreira, loitadora e feminista", concluíu Villoslada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22