Sábado, 27 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 27 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
Mos

A Xunta e o Concello avalían mellora nas redes de abastecemento e saneamento

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, mantiveron unha reunión recentemente para avaliar vías de colaboración que melloren as redes de abastecemento e saneamento da localidade.

 

 

Durante o encontro, analizaron o estado de proxectos como o saneamento da urbanización San Antoíño e de varios lugares das parroquias de Louredo e Tameiga, actualmente en distintas fases de tramitación. Tamén revisaron a iniciativa municipal para ampliar e mellorar a rede de saneamento integral, que prevé a execución de 6.300 metros de colectores en varios ramais ao longo das parroquias de Louredo, Guizán, Torroso e Cela, co obxectivo de cubrir a máxima extensión do concello.

 

Ángeles Vázquez destacou que a Xunta continuará prestando apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de maneira máis eficiente e ofrecer servizos de calidade á veciñanza.

 

Ademais, a alcaldesa Nidia Arévalo informou á conselleira sobre o proxecto municipal para crear un espazo verde xunto ao parque empresarial da Veigadaña. A conselleira puxo en valor esta iniciativa, enxalzando o compromiso do Concello co desenvolvemento dunha infraestrutura verde local que mellorará a resiliencia ante o cambio climático e contribuirá á conservación da biodiversidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.