DEPORTES
A Deputación apoia a Volta Ciclista ao Baixo Miño patrocinando o seu maillot de montaña
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na presentación da segunda edición da Volta Ciclista ao Baixo Miño, que se celebrou no Pazo provincial. Esta proba, organizada polo Team Oiense, terá lugar o próximo 2 de xuño e conta co apoio da Deputación, que patrocina o maillot de montaña da competición.
No evento, ademais de Luisa Sánchez, participaron Aser Estévez, presidente do Team Oiense e organizador da proba, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, e o alcalde da Guarda e deputado provincial, Roberto Carrero. Ao final da presentación, a vicepresidenta provincial recibiu unha camiseta de recordo por parte da organización.
Luisa Sánchez destacou que “os arredor de 120 ciclistas que chegarán tanto de Galicia, como das nosas veciñas Asturias, Castela e León e Portugal ou tamén de Cantabria, descubrirán o gran potencial desta comarca do sur da nosa provincia formada polos concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui”. Tamén subliñou que o percorrido permitirá aos deportistas “achegarse a importantes recursos naturais do noso territorio” nos que, “malia que o asfalto e os nosos montes serán os auténticos protagonistas, non nos esqueceremos do noso fermoso Océano Atlántico, xa que algúns tramos transcorrerán en paralelo ao mar”.
A vicepresidenta da Deputación asegurou que “esta provincia conta co escenario ideal para a práctica do ciclismo e, de feito, por iso somos unha potencia mundial nesta disciplina deportiva”. Lembrou que “o noso afán de superación, xunto co empeño do persoal técnico dos clubs e de todo o tecido deportivo, permítennos acoller probas de altísimo nivel como esta Volta Ciclista ao Baixo Miño, que vai na liña do noso grande obxectivo de converter esta provincia no maior estadio deportivo do mundo”. Por iso, asegurou, “é un honor patrocinar o maillot e colaborar co Team Oiense para que esta proba poida realizarse”, trasladando os seus parabéns e sorte ao club “non só con esta Volta senón con todas as demais probas que realizará ao longo dos próximos meses: será un calendario moi movido pero que sen dúbida contribuirá ao bo nome do ciclismo desta provincia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129