Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 25 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Pregón de Rogelio Groba Otero inaugura as festas de Corpus Christi

Ponteareas deu comezo oficialmente aos actos centrais da celebración do Corpus Christi coa lectura do pregón a cargo do director e compositor Rogelio Groba Otero. O evento contou coa presenza da alcaldesa, Nava Castro, do tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, e dos deputados provinciais Sandra Bastos e Alejandro Lorenzo. Esta emotiva cita marca o comezo dun completo programa de festas que se prolongará ata o próximo 9 de xuño, sendo a xornada do domingo 2 de xuño a máis esperada do programa.

 

 

A edición de 2024 desta Festa, de interese turístico internacional, pasará á historia como a primeira na que tamén é recoñecida como Ben de Interese Cultural, o que aumenta aínda máis o seu atractivo turístico e a súa repercusión tanto dentro como fóra de Galicia.

 

Rogelio Groba Otero, o pregoeiro desta edición especial, dirixiu despois da súa lectura á Orquestra de Cámara de Galicia, nun emotivo concerto na casa do Concello. Ademais, nesta primeira xornada central de festexos quedou inaugurada a exposición “Corpus en Flor” no Auditorio Reveriano Soutullo.

 

A alcaldesa, Nava Castro, expresou palabras de agarimo ao protagonista do acto, destacando o seu orgullo por representar a vila de Ponteareas. Na mesma liña, Juan Carlos González, sinalou que contar cun referente como Groba Otero na vila é un motivo de orgullo para Ponteareas.

 

Como colofón, o Concello inaugurou un videomaping conmemorativo do Corpus Christi, visible sobre a fachada do propio edificio consistorial nas noites dos venres e dos sábados. Este evento, xunto con un amplo e diversificado programa de actividades para todos os públicos, converte o Corpus Christi 2024 en Ponteareas nunha festa única e memorable.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.