Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 28 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño arranca as visitas ás parroquias en autocaravana

Os mércores polas mañás a oficina municipal itinerante estará nunha das 7 parroquias do Concello para facilitar o acceso aos servizos municipais

O vindeiro 5 de xuño comezará o servicio directo e itinerante do Concello para as parroquias do Porriño a través dunha autocaravana, que estará cada mércores de 9:00 a 13:00 nunha das parroquias para acercar os servicios aos cidadáns e proporcionar unha atención directa. “Trátase dun servicio pioneiro en España co que reafirmamos o noso compromiso coa cercanía e a atención directo á nosa veciñanza”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo.

 


O Concello comezará a recorrer as sete parroquias a través dunha oficina intinerante nunha autocaravana para “proporcionar unha cobertura completa ás diversas necesidades e demandas dos veciños e veciñas do Porriño, incluindo temas relacionados con servicios sociais, atención cidadá, urbanismo, limpeza, obras públicas e saneamento”, prosigue o rexidor. Este servicio único permitirá á veciñanza rexistrar entradas e saídas de documentos, realizar consultas e recibir asesoramento directamente nas súas parroquias, sin a necesidade de desplazarse a casa consistorial, no casco urbano. “Con esta iniciativa tratamos de facilitar, sobre todos ás personas maiores, o acceso aos servicios municipais sen necesidade de desplazamentos”, salienta Alejandro Lorenzo.


O propio alcalde estará disponible para citas na autocaravana, xunto con funcionarios habilitados, como un xesto mais por mellorar a comunicación e a transparencia, e ofrecer un enfoque personal e accesible á xestión municipal.


En xuño a autocaravana estará no Centro Cultural de Mosende o vindeiro día 5, no Centro Cultural de Cans o día 12, no Centro Cultural de Atios o 19, e no Centro Cultural A Forna de Budiño o 26. En xullo, dará servicio no Centro Cultural San Salvador de Torneiros o día 3, no Centro Cultural de Pontellas o 10, e no Centro Cultural de Chenlo o día 17. O Concello avisará das seguintes datas de visita ás parroquias con antelación suficiente.


Ademais, para as persoas que non poidan desprazarse do seu domicilio -e así o acrediten- poderá pedirse cita previa para atención domiciliaria.


Coa posta en marcha deste servizo, “O Porriño establécese como un punto de encontro pioneiro na prestación de servicios municipais, demostrando un enfoque innovador e centrado na cidadanía. Este proxecto busca mellorar a eficiencia nos servicios municipais ao mesmo tempo que fortalecer a conexión entre o Concello e a veciñanza”, conclúe Lorenzo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.