Sábado, 27 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 28 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
Mos

A Policía Local de Mos intensifica o control do transporte escolar

A Policía Local de Mos, decidiu unirse á nova campaña impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Esta campaña, especificamente dedicada ao control do transporte escolar, desenvólvese entre hoxe luns día 27 e o 31 de maio e ten como principal obxectivo aumentar a seguridade dos menores durante os seus desprazamentos escolares.

 

 

Durante estes días, a Policía Local mosense está a realizar inspeccións exhaustivas sobre os vehículos de transporte escolar. As revisións inclúen a verificación de autorizacións e documentos, a comprobación das condicións técnicas e elementos de seguridade, así como a revisión dos cintos e sistemas de retención. Ademais, os axentes levan a cabo controles sobre os condutores para asegurar que posúen os permisos necesarios e que respectan os tempos de condución e descanso establecidos.

 

A campaña tamén pretende obter unha visión máis precisa sobre a incidencia dos accidentes en transporte escolar e a súa evolución.

 

A seguridade dos menores debe ser a máxima prioridade no transporte escolar e por medio desta campaña comprobarase que así sexa facendo un rigoroso control dos vehículos e condutores, e sensibilizarase a todos os involucrados sobre a importancia de seguir as normas de seguridade.

 

Esta iniciativa pretende mellorar as condicións do transporte escolar e garantir unha contorna segura para os nenos. A colaboración entre a Policía Local e a DXT reflicte o compromiso de ambas as institucións coa seguridade viaria e o benestar dos menores.

 

Nesta campaña se controlará especialmente que se circule á velocidade permitida e que non se faga uso do teléfono móbil ou outros aparellos que supoñan distracción. Tamén se realizarán controis de alcol e drogas. Ademais, debido á importancia que ten o cinto de seguridade en caso de accidente, prestarase especial atención ao o seu uso.

 

Por suposto, intensificaranse as inspeccións sobre os vehículos de transporte escolar, comprobando que as autorizacións e documentos que deben ter son os correctos para a prestación do servizo e verificarán tamén, tanto que as condicións técnicas e os elementos de seguridade do vehículo sexan os que esixe a normativa, como os requisitos especiais que debe cumprir o propio condutor, como son o permiso de condución ou os tempos de condución e descanso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.