PONTEAREAS
A Deputación inviste 790.000 euros na mellora da seguridade viaria da estrada Pazos-Ponteareas
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, percorreu tramos desta estrada provincial xunto coa alcaldesa de Ponteareas e tamén deputada provincial, Nava Castro, para coñecer as actuacións que se están xa a desenvolver
A Deputación de Pontevedra comezou as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-2703 Pazos-Ponteareas na que vai investir preto de 790.000 euros. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, percorreu algúns dos tramos desta estrada provincial de 11 quilómetros entre Pazos e Ponteareas, xunto coa alcaldesa desta última vila e tamén deputada provincial, Nava Castro, para analizar in situ as actuacións que se están xa a desenvolver.
As obras na estrada provincial EP-2703, serán financiadas integramente pola Deputación de Pontevedra e, tal e como informou a deputada provincial, “comprenden saneos da plataforma e reposicións de firme para garantir unhas óptimas condicións de circulación e seguridade viaria”. Deste xeito, e en función do estado de cada treito, realizarase fresado e reposición, recrecemento ou microaglomerado en frío.
Ademais, a actuación na estrada provincial entre Pazos e Ponteareas contempla a realización de melloras da rede de drenaxe, coa instalación de tubaxes e a execución de cunetas de seguridade e outras melloras nas pluviais, a disposición de barreiras de seguridade e, finalmente, o pintado da estrada provincial e renovación da sinalización.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129