Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 30 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Formación presencial e gratuíta no porriño para futuros emprendedores

A Fundación Ronsel, en colaboración co Concello do Porriño, organiza o curso “Camiño Emprendedor” entre os días 10 e 13 de xuño

[Img #88894]A Fundación Ronsel en colaboración co Concello do Porriño, organiza unha serie de formacións presenciais e gratuítas baixo o título “Camiño Emprendedor”, para persoas que teñan en mente emprender ou xa conten cunha idea de negocio.


Durante catro sesións, entre os días 10 e 13 de xuño, técnicos e profesionais da fundación e Porremprego guiarán aos/ás participantes para poñer en marcha o seu emprendemento, con sesións específicas nas que se axudará a madurar a idea, desenvolver as competencias dos emprendedores/as, definir o modelo de negocio e a valorar se é viable económicamente. Si despois desta formación as persoas participantes deciden seguir adiante coa súa empresa, a fundación axudaralles de forma individualizada a poñer en marcha o proxecto.


Esta formación terá lugar en Porremprego, nas instalacións do edificio Multicentro de Torneiros, no 2º andar, en horario de 10:00 a 13:00 horas. As inscricións están xa abertas e pódense facer directamente na seguinte  ligazón:  https://bit.ly/caminoporrino.


As persoas interesadas en recibir máis información, poden contactar á Fundación Ronsel mediante o correo electrónico emprende4@fundacionronsel.org ou Porremprego escribindo a orientacion@porremprego.org.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.