MUNDO EMPRESA
A Xunta defende que a política de planificación industrial de Galicia facilita o acceso ao solo industrial
A Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, subliña que o Goberno galego aposta por un desenvolvemento do solo industrial ben dimensionado, adaptado ás demandas reais e que prioriza o respecto ao territorio
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, defendeu esta semana no Parlamento galego que a política de planificación industrial da Xunta facilita o acceso das empresas ao solo industrial, potencia o emprego e fornece o tecido empresarial galego.
Neste contexto, Lorenzana explicou que a primeira gran aposta do Goberno galego en canto á planificación da creación de solo empresarial ven coa integración na Consellería de Economía e Industria desta competencia a través da posta en marcha da Dirección Xeral de Estratexia industrial e solo empresarial. Unha medida que, segundo avanzou, se verá completada co custo cero do solo público empresarial durante 8 anos. Dúas iniciativas coas que “tratamos de responder ás necesidades e demandas reais das empresas, que é o noso principal obxectivo”.
Lorenzana explicou que o Goberno galego ten apostado sempre por un modelo de desenvolvemento do solo empresarial público flexible adaptado ás necesidades das persoas emprendedoras, co obxectivo de servir de factor dinamizador do crecemento e desenvolvemento do sector industrial no territorio, e na busca da eficiencia do investimento e do incremento de oportunidades para quen quere emprender.
Neste sentido, a titular de Economía e Industria subliñou que a Xunta vai seguir apostando por un desenvolvemento do solo industrial ben dimensionado; adaptado ás demandas reais, priorizando as zonas industriais, e tendo en conta as afeccións territoriais e as infraestruturas e recursos necesarios para as industrias. E todo isto ao mesmo tempo que se prima a flexibilidade e a axilidade acompañadas de seguridade xurídica e do respecto ao territorio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188