Sábado, 27 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 29 de Mayo de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Desestimado o recurso da Comunidade de Usuarios Petelos-Tameiga contra a Cidade Deportiva do Celta

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asegura que a xustiza está a darlle a razón ao Concello

Desde o Concello de Mos vénse de recibir a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contencioso-administrativo, sobre o recurso interposto pola Comunidade de Usuarios Petelos-Tameiga contra o Plan Especial de Dotacións para a Cidade Deportiva do Celta en Mos.

 

 

A alcaldesa monsense, Nidia Arévalo, informou de que o devandito recurso foi desestimado polo TSXG, polo que “a xustiza dálle unha vez máis a razón ao Concello de Mos”.

 

A sentenza recibida na administración local mosense informa da desestimación do recurso contencioso-administrativo interposto pola representación procesual da Comunidade de Usuarios Petelos-Tameiga, contra o Acordo do Pleno do Concello de Mos adoptado en sesión ordinaria do 28 de xullo de 2021 de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para instalacións deportivas do Real Club Celta de Vigo, S.A.D., en Pereiras, Mos.

 

Na devandita sentenza, e en canto á omisión do informe da Deputación Provincial de Pontevedra e a incidencia no tráfico, conclúese que as instalacións non inciden directamente sobre ningún elemento da rede viaria provincial e non afectan á súa funcionalidade. O devandito informe non era necesario dada a ausencia de afectación algunha do Plan Especial á rede de estradas de titularidade da citada Deputación Provincial. Ademais, o acceso ás instalacións deportivas ordenadas polo PEID non se resolve a través de estrada provincial algunha, senón a través do camiño do Monte do Couto, de titularidade municipal, que atravesa o PEID e contáctase á rede viaria, polo que non se produce afección algunha ás estradas de titularidade provincial.

 

Sobre os informes de sustentabilidade e suficiencia hídrica, abastecemento e redes de saneamento referidos ao ámbito do PEID, a sentenza conclúe que en ningún caso era necesario solicitar novos informes sectoriais por parte dos entes Augas de Galicia e Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano do Louro como consecuencia da modificación dos caudais de abastecemento recolleitos na resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil xa que non se introduciu ningunha modificación substancial no PEID aprobado inicialmente que esixise un novo trámite de información pública, e concluíndo tamén que non eran necesarias notificacións individualizadas á CU Petelos-Tameiga. Non se producen afeccións ás captacións de augas existentes na contorna do PEID nin se vai a producir ningunha carencia de auga ou afectación ao saneamento no uso futuro das instalacións.

 

Nin tampouco se incorreu en desviación de poder como pretendían facer ver neste proceso. Así a rexedora local, Nidia Arévalo, concluiu insistindo en que “o tempo dá e quita razóns e finalmente está poñendo todo no seu sitio, deixando en evidencia os intereses políticos por enriba do ben común. Intereses que veñen demostrados polas mentiras, falsedades, enganos á poboación para xerar alarma social… etc. en definitiva orquestar unha campaña de acoso de derribo contra o Concello de Mos e contra a miña persoa en particular como alcaldesa que, agora queda demostrado, de pouco ou nada serviu. Nos seguiremos defendendo a verdade e os intereses de Mos por riba de todo”, concluíu Arévalo, “defendendo á veciñanza, á súa calidade de vida, o seu futuro e o progreso e o porvir do Concello no que residen”. “Os que non queren que Mos creza nin evolucione perderon xa toda credibilidade e a xustiza está a poñelos no lugar que lles corresponde”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.