Miércoles, 10 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 01 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destina 50.000 euros á Misión Biolóxica de Galicia

Organizaranse actividades de difusión que abranguen desde visitas de agricultores, produtores ou pequenas e medianas empresas á Misión Biolóxica, ata encontros e campañas en redes sociais

A Deputación de Pontevedra acaba de asinar un convenio coa Axencia Estatal do Centro Superior de Investigacións Científicas a través do cal destina 50.000 euros á Misión Biolóxica de Galicia para que transfira o seu coñecemento aos sectores agrícola, forestal e alimentario da provincia. Deste xeito, no marco deste acordo, está previsto a organización de actividades de difusión que abranguen desde visitas de agricultores, produtores, pequenas e medianas empresas e outros axentes á Misión Biolóxica, ata encontros profesionais sectoriais e campañas en redes sociais.

 

 

A Misión Biolóxica de Galicia está a levar a cabo estudos en diversos ámbitos ligados ao uso de plantas e cultivos agroforestais de grande interese para a agricultora e economía de Galicia. Deste xeito, desenvolve investigación sobre millo, brásicas, leguminosas, patacas, vide, oliveiras, rosas e piñeiros, todos eles cultivos singulares que teñen ou tiveron unha grande relevancia na tradición cultural de Galicia e representan un importante valor para o patrimonio agrofoestal galego. Ademais, o centro está a realizar traballos de investigación no ámbito da xenética, da ecoloxía evolutiva, análises de chans ou do cambio global que, en último caso, pretenden contribuír a avanzar no coñecemento e no desenvolvemento económico, social e cultural de Galicia.

 

A través deste convenio, a Deputación pretende  trasladar todo este coñecemento e os resultados das investigacións da Misión Biolóxica aos sectores agrario, forestal e alimentario da provincia, tendo en conta que son algúns dos que están a sufrir máis intensamente os efectos do cambio global, ben a través da incidencia de enfermidades e pragas nos cultivos, ben a través da contaminación dos chans, da severidade dos incendios forestais ou da perda de produtividade. Para elo desenvolveranse, ao longo de todo o ano, actividades de difusión da actividade da Misión Biolóxica  e iniciativas de interacción e colaboración con estes sectores económicos da provincia.

 

Entre outras iniciativas, a través do convenio entre a Deputación e o Centro Superior de Investigacións Científicas organizaranse visitas de agricultores, produtores, pequenas e medianas empresas e outros axentes dos sectores agrario, forestal e alimentario da provincia á Misión Biolóxica. Tamén se elaborarán folletos e carteis e se desenvolverán seis campañas en redes sociais centradas na promoción de resultados potencialmente transferibles, así como un catálogo cos principais resultados das investigacións realizadas. Ademais, celebraranse tres encontros profesionais con agricultores, produtores e pequenas empresas destes sectores ao longo do 2024.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.