GALICIA
A Xunta amplía a dotación do Fondo de Compensación Ambiental para beneficiar un maior número de concellos
O Diario Oficial de Galicia publica a ampliación orzamentaria da liña competitiva, aberta a todas as administracións locais, que pasa de 1,7 a 3,2 millóns de euros
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a ampliación da dotación orzamentaria da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), destinado a apoiar as administracións locais na mellora do medio natural. A contía increméntase de 1,7 a 3,2 millóns de euros co obxectivo de beneficiar un maior número de concellos.
A liña en concorrencia competitiva está aberta a todos os concellos, mancomunidades ou consorcios locais de Galicia, sempre que estean participados por un ou varios concellos. O prazo de presentación das solicitudes finalizou en febreiro e na actualidade estase no proceso de valoración das 223 propostas recibidas.
O FCA foi creado para distribuír o canon eólico en beneficio da conservación e restauración da contorna, así como do reequilibrio territorial. As accións subvencionables inclúen os investimentos e custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do medio.
Entre os obxectivos que deben perseguir figuran a conservación da biodiversidade, o fomento do coñecemento e da utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais, e a recuperación do medio natural degradado ou contaminado. Tamén deben impulsar a eficiencia e o uso sustentable das enerxías renovables, e, en xeral a protección do medio natural.
Poden acollerse ás axudas as campañas divulgativas, plans e proxectos ambientais, as accións de eficiencia enerxética e de redución da contaminación lumínica, as melloras enerxéticas nas instalacións municipais, e a adquisición de vehículos con distintivo ambiental ou destinados a actuacións a prol da contorna natural. As infraestruturas destinadas á utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais, as actuacións a prol da integración paisaxística nos núcleos rurais e os proxectos para evitar a degradación e facilitar o control ambiental no ámbito municipal son outras das iniciativas subvencionables ao abeiro desta convocatoria. A maiores, cóbrense os gastos do persoal vinculado á execución destas accións.
Orzamento global superior aos 12M€
O Fondo de Compensación Ambiental inclúe tamén a liña en concorrencia non competitiva, dotada con 6 millóns de euros e dirixida aos concellos nos que haxa parques eólicos. A ambas as liñas súmanse tamén 3,5 millóns de euros destinados a actuacións específicas de protección do medio, entre as que figuran a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou de risco. Deste xeito, o orzamento global do FCA para este ano supera os 12 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60