Nigrán
Nigrán prohibirá e sancionará facer buratos na praia
O Concello de Nigrán prepara un dispositivo inédito para a noite de San Xoan que prohibirá e sancionará facer buratos na praia. Con este obxectivo, o persoal ao completo de Policía Local e Protección Civil, xunto a Guardia Civil, vixiarán por vez primeira con drons todo o areal e controlará desde a mañá os accesos á praia América e Panxón para impedir que se acceda con pás, aparellos ou obxectos contundentes. Todos estes axentes implicados e o goberno de Nigrán mantiveron esta mañá unha primeira reunión no Salón de Plenos para coordinar o dispositivo.
Deste xeito, o Concello de Nigrán da un paso máis sobre a campaña de #SanXoanSenLixo emprendida desde o ano 2019 advertindo que o incumprimento desta prohibición expresa acarrexará sancións que oscilan de leve a moi grave, porque afectan desde á alteración do ecosistema litoral ata unha infracción da lei de seguridade cidadá. Toda esta información será achegada á mocidade da contorna mediante cartalería específica, vallas, cuñas e anuncios publicitarios, banners en redes sociais, gifs… “Precisamos que a mensaxe chegue a toda a cidadanía para que o propio día de San Xoan xa saiban que non van poder acceder á praia con pás, sachos ou material contundente”, explica o alcalde, quen pide a colaboración de toda a veciñanza na súa difusión.
“Levamos anos cunha campaña de concienciación pioneira en Nigrán e que inicialmente funcionou co tema do lixo, pero observamos que a costume de facer buratos medra, polo que se queremos preservar a nosa praia temos que chegar a este punto ao que non quixeramos ter que chegar, pero que resulta xa inevitable. Podemos facer ben a festa sen afectar ao noso ecosistema natural, non está reñido, e iso é o que debemos esixir”, explica o alcalde, Juan González, quen sinala que nos vindeiros días se emitirá un bando específico ao respecto (precisamente, xa está publicado o bando que cada ano regula as solicitudes para facer fogueiras, tendo os interesados ata o 13 de xuño para pedir permiso). Igualmente, como se ven facendo cada ano, o Concello de Nigrán blindará as dunas de Panxón cun valo e iluminación extra para que a vixiancia por parte do Seprona sexa o máis efectiva posible.
A este dispositivo sen precedentes na Historia do Concello e que superará os 200 efectivos, sumarase un equipo de concienciación ambiental que desde a maña tamén estará a pé de praia recordando aos asistentes as obrigas que conleva o respecto dun espazo natural (mensaxe que se repetirá tamén por megafonía). Igualmente, eles mesmos entregaranlle aos diferentes grupos sacos para que depositen o seu lixo nos contedores que se dispoñan nos accesos ás praias. “Non queremos nen buratos nen lixo, as dúas cousas teñen que quedar claras, por iso é importante tamén o labor educativo deste equipo especialmente formado”, incide González.
"Confiamos en que a xente está cada vez máis comprometida co medio ambiente e que este inclúe tamén aos océanos, en Nigrán sempre traballamos na concienciación medioambiental. Praia América é un dos máximos orgullos de Nigrán e é responsabilidade de todos preservala, por iso temos que tomar estas medidas que non están reñidas coa festa e con pasar unha noite especial cos amigos", conclúe o rexedor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60