Lunes, 08 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 01 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño rende homenaxe ao Porriño Baloncesto Base

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, recibiron na Casa Consistorial aos integrantes dos equipos senior masculino e feminino do Porriño Baloncesto Base (PBB). A esta recepción acudiron tamén Icía Alcalde, presidenta do PBB, Julio Bernárdez, técnico de Deportes do Concello do Porriño e presidente da Federación Galega de Baloncesto.

 


No acto, o alcalde entregoulles un obsequio homenaxe a cada equipo e unha medalla a cada xogador e xogadora en recoñecemento aos logros deportivos desta tempada: o Godoy Maceira PBB, equipo senior masculino, foi subcampeón de Liga e conseguiu o ascenso á Liga EBA; e o Syngenta PBB, equipo senior femininio, clasificouse para a fase de ascenso.


Julio Bernández, agradeceu o “apoio incondicional do Concello do Porriño, en canto a infrastructuras e cartos para o desenvolvemento dos proxectos, que conxugado cunha estructura de xestión solvente e con persoas que xa teñen estado en proxectos importantes,coa experiencia suficiente  fará que o ano que ven, falemos do ascenso á Liga de Prata, que se vai chamar Terceira Nacional”.


No  mesmo sentido, Icía Alcalde, engadiu que o Concello “aposta polo deporte como unha inversión e non como un gasto”, e salientou “o apoio moral, pola ilusión cos proxectos que presentamos”. “O baloncesto é o que nos une, o que nos fai familia”, concluiu Icía Alcalde incidindo en que a base será sempre a prioridade do PBB.


O concelleiro de Deportes, Abel Estévez, destacou o “o vínculo entre os equipos de base, os primeros equipos e os equipos senior do Porriño Baloncesto Base, amosa que o espíritu do club coincide co que queremos imprimir desde o Concello do Porriño, e sei que seguiredes traballando na mesma liña”.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, concluíu felicitando a gran “familia PBB o esforzo e traballo duro para que este proxecto cada vez sexa maior. Máis alá dos éxitos deportivos demostrades que estades implicandos cos valores do deporte, tanto os deportistas, como a directiva e técnicos, como a afición” e animounos a “seguir adiante. Contaredes sempre co respaldo do Concello do Porriño”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.