PROVINCIA
A Deputación avanza na mellora da seguranza viaria na estrada provincial entre A Ramallosa e Parada
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, percorreu co alcalde de Nigrán, Juan González, a zona da estrada provincial EP-2106 na que se está a construír unha senda peonil
A Deputación de Pontevedra avanza na mellora da seguranza viaria na estrada provincial EP-2106 entre A Ramallosa e Parada, no Concello de Nigrán, na que se está a investir preto dun millón de euros. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, percorreu co alcalde de Nigrán, Juan González, a zona da estrada provincial EP-2106 na que xa se está a traballar e onde, entre outras actuacións, estase a construír unha senda peonil.
A actuación, tal e como informou a deputada provincial Isabel Couselo, abrangue preto dun quilómetro de lonxitude, entre os puntos quilométricos 3+200 e o 4+195. Cos traballos impulsados pola Deputación de Pontevedra preténdese, segundo explicou Couselo, “garantir unhas óptimas condicións de seguridade viaria e mobilidade, xa que estamos a falar dun tramo moi concorrido a nivel peonil, ao atoparse o cemiterio e a igrexa de Santiago de Parada, e tamén cunha elevada circulación de vehículos”. Para elo, a deputada detallou que se está a construír unha senda peonil de 2,5 metros de ancho mínimo na marxe esquerda da estrada, cunha lonxitude de preto dun quilómetro, e a implantar unha zona de convivencia, duns 200 metros de lonxitude, naquelas zonas do ámbito da actuación onde non é posible acadar o ancho mínimo da senda.
Ademais, Isabel Couselo explicou que as obras na estrada provincial EP-2106 completaranse coa mellora dos sistemas de drenaxe de augas pluviais, coa renovación do alumeado público mediante luminarias LED de alto rendemento e coa reposición dos servizos afectados pola execución das obras. Tamén se soterrarán as instalacións de alumeado, telecomunicacións e electricidade e executaranse muros para acadar o ancho de plataforma desexado.
Nestes momentos, tal e como informou a deputada provincial, rematáronse xa os traballos de movementos de terras, así como a execución de muros e a colocación de canalizacións e estase a traballar no formigonado da senda peonil. Está previsto que, tras estes traballos, se execute a zona de convivencia en formigón coloreado e se instale a nova iluminación e sinalización.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60