TUI
Lara Meneses visita o Espazo Xove de Tui
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou nesta semana o Espazo Xove de Tui, onde puxo en valor o papel destes recursos da Xunta de Galicia para ofrecerlle á mocidade “oferta de lecer e de balde en espazos de encontro nun ambiente saudable”. Durante a súa visita a un ensaio dunha compañía artística nada neste centro xuvenil, Lara Meneses sinalou o importante papel que fan os 12 Espazos Xove espallados por toda Galicia “como lugares de encontro e de dinamización do ocio xuvenil que veñen completar a ampla oferta de actividades educativas que a Xunta pon a disposición da mocidade”.
Esta opción súmase así aos programas Outono Xove, Primavera Xove, o Día da Xuventude ou a Campaña de Verán. Os Espazos Xove, dependentes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, están situados nos concellos de Vilagarcía, Lalín, Ourense, Viveiro, Vilalba, Chantada, Betanzos, Curtis, Pontedeume, Carballo e Noia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129