GALICIA
A Xunta financia con 1,5m€ a contratación de socorristas para garantir a seguridade en praias e piscinas municipais
O Diario Oficial de Galicia publica a orde de axudas para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e en instalacións acuáticas descubertas
O Diario Oficial de Galicia publica a nova orde de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para financiar a contratación de socorristas por parte dos concellos co obxectivo de garantir a seguridade en praias e piscinas este verán. A través dela, a Xunta substitúe e amplía os supostos de financiamento da convocatoria que nos últimos anos viña publicando o departamento autonómico con competencias en materia de emprego. O Goberno galego destina 1,5 millóns de euros a esta medida de apoio ás administracións locais.
Trátase de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas. Así, pese a que a vixilancia de praias e lugares públicos de baño e o seu mantemento compete aos concellos, a Xunta contribúe a fomentar a prestación do servizo de socorrismo por parte dos municipios nas épocas de maior concorrencia, como é a tempada estival.
Entre as principais novidades, a convocatoria subvenciona os custos salariais dos concellos solicitantes no período entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2024 para a contratación de persoal dedicado á prestación de servizos de vixilancia, rescate e salvamento en instalación acuáticas descubertas de titularidade municipal ou espazos acuáticos naturais situados no ámbito territorial do municipio.
A diferencia de convocatorias anteriores nas que se esixía ao persoal estar en situación de desemprego e figurar no Servizo Público de Emprego, nesta ocasión amplíase a cobertura a outros dous supostos: tanto persoal propio da entidade local destinado a este servizo como ao persoal que o concello contrata para estas tarefas a través dunha empresa externa mediante un contrato de servizos. En todo caso, as persoas que exerzan esta actividade deben estar dados de alta no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
As solicitudes para optar ás axudas presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo para facelo é de un mes a partir de mañá.
Aínda que a contratación de socorristas é un asunto de competencia estritamente municipal, a Xunta ademais de fomentala a través de axudas tamén regula a formación que deben reunir.
Nesta liña, en 2021 aprobouse un decreto -en consenso coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Cruz Vermella e outras entidades- que ampliou e flexibilizou as vías de acceso para traballar como socorristas e en 2023 aprobáronse novas modificacións -tamén consensuadas coa Fegamp e as asociacións e colectivos que traballan neste ámbito- para incrementar aínda máis as vías de acceso e as entidades capacitadas para a formación.
Cómpre lembrar que, tamén de cara a época estival, a Xunta conta con outras medidas para garantir a seguridade nos municipios máis turísticos como é o caso das subvencións para a contratación de auxiliares de Policía Local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60