NIGRAN
Rouban parte da varanda de Antonio Palacios que sube ao Templo Votivo do Mar de Panxón
A veciñanza da contorna alertou ao Concello, que inmediatamente comunicou a situación á Policía Local e o Obispado
O Templo Votivo do Mar de Panxón suma un novo revés: aos xa coñecidos graves problemas de filtracións, desprendimentos e fendas no seu interior súmase agora o roubo de parte da varanda de pedra das escaleiras que o comunican co arco visigótico. A veciñanza da contorna alertou onte ao Concello, que inmediatamente o comunicou á Policía Local e o Obispado. O suceso coincide co anuncio da Xunta da licitación das obras de reparación, reclamadas desde o Concello e o grupo parlamentario socialista desde hai 15 anos ao agravarse día a situación desta obra cume do arquitecto Antonio Palacios.
“Trátase dun dos bens patrimoniais máis icónicos do municipio e mesmo de Galicia e, paradoxicamente, é o que está máis en perigo", lamenta o rexedor, quen avanza que desde o Concello existe un proxecto para por en valor, precisamente, toda a súa contorna, comprendendo tamén ao arco visigótico. “Estamos en conversas co Obispado para que nos ceda estes terreos e asumir nos o investimento”, explica.
En canto ao anuncio da Xunta de licitación das obras de rehabilitación, o rexedor manifesta o seu agrado. “Non temos información oficial pero alegrámonos moito do anuncio, era algo que agardábamos xa con moita impaciencia”, explica o alcalde, Juan González, quen xa no 2021 lamentou que a Xunta non incluíse ao Templo nas axudas do Plan Xacobeo (comprenderon 25 millóns de euros para 11 proxectos, entre os que estaban diversos monumentos relixiosos, pero non este).
"Temos a sorte de contar en Nigrán cunha das obras máis fermosas da arquitectura do século XX en Galicia e debe ser coidada como tal", considera o rexedor, quen non dubida en calificar a edificación como "a obra relixiosa máis representativa de Palacios", arquitecto recoñecido internacionalmente pola súa trascendencia no deseño de Madrid e ao que a capital de España consagra o ano 2024 coincidindo co 150 aniversario do seu nacemento.
Templo Votivo do Mar
Probablemente á obra cume de arquitectura relixiosa do galego Antonio Palacios (1874-1945), considerado un dos grandes mestres do rexionalismo e con obras recoñecidas internacionalmente como o Palacio das Comunicacións de Madrid ou o Círculo de Belas Artes. Palacios inspirouse no veciño arco visigótico que formaba parte da antiga igrexa de San Juan (e que el mesmo librou da demolición polo seu gran valor histórico) iniciando a construción do Templo Votivo do Mar dedicado á Virxe do Carmen en 1932 e finalizándoo en 1937. O seu estilo é complexo de definir, xa que recolle elementos de moi diversas procedencias, emprega a pedra espida dentro dunha tipoloxía rexionalista e destacan marcados trazos góticos e mesmo islámicos se observamos a trazaría interior da cúpula con policromía de inspiración bizantina e decoración neomudéxar (o construtor nigranés José Mogimes seguiu os seus deseños para, xunto aos mozos de Panxón, configurar os espectaculares mosaicos de azulexo que cobren as bóvedas do templo e que representan diferentes escenas: a Anunciación da Virxe, a Coroación, a Virxe do Carmen).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60