Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 03 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo

A semana pasada o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes maio que conmemoran esta data tan especial dentro do calendario este ano adicado á escritora Luisa Villalta.

 

 

Durante a tarde de celebración o alumnado puido desfrutar de diferentes actuacións a cargo da Banda de Musica de Salvaterra, as pandereteiras do IES Salvaterra, unhas pequenas obras teatrais representadas por alumnos, alumnas e profesorado do centro e unha actuación de baile de 1o da ESO.

 

O acto serviu tamén para inaugurar o patio inclusivo, un novo espazo de máis de 1100 m2 de recente creación e que posibilitará que o alumnado desfrute dun espazo ó aire libre nos tempos de recreo. A obra con céspede sintético e mesas será o lugar para facer actividades non deportivas e de convivencia tales como círculos restaurativos para a reflexión e expresión de emocións ou as actividades das parellas TEI (Titorías Entre Iguais) entre outras.

 

O equipo directivo do IES Salvaterra de Miño, que conta actualmente con máis de 600 alumnos e alumnas, foi o que iniciou este proxecto que contou coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.