Lunes, 08 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 03 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

A Deputación achega 160.000 € para que Bueu e Mos realicen melloras en equipamentos deportivos

Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa máis de 3 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou  da aprobación de dúas novas achegas para que Bueu e Mos poidan acometer obras de mellora de infraestruturas deportivas. Deste xeito, Bueu recibirá máis de 60.0000 € para realizar a acometida eléctrica para a subministración do campo de fútbol municipal da Graña, mentres que Mos contará con 95.000 € para realizar actuacións en diferentes campos de fútbol e pavillóns do concello, así como na piscina municipal.  Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, un plan co que “semana a semana estamos facendo unha transformación sen precedentes dos equipamentos deportivos da provincia, algo que nos fan chegar os alcaldes e alcaldesas da provincia ”, asegurou o presidente provincial.

 

 

En concreto, o Concello de Bueu disporá de 62.477 euros para dotar dun mellor subministro eléctrico e por en pleno rendemento as instalacións do campo de fútbol municipal da Graña. Para facelo construirase e instalarase unha liña de baixa tensión, unha liña de media tensión aérea e un novo centro de transformación aéreo, que permitirá cubrir a demanda de subministro do campo de fútbol de 110,86 kW. As obras a realizar incluirán ademais a instalación de apoios de formigón, de proteccións ou, entre outros, interruptores térmicos.

 

E o Concello de Mos destinará os 95.288 euros a garantir á cidadanía unhas instalacións deportivas de calidade e acordes aos usuarios que fan uso delas. Desta maneira, inclúense obras en dous campos de fútbol, xa que no de Alfacuca, en Louredo, construirase un almacén para o material deportivo e no de Costoias, en Tameiga, instalarase unha malla perimetral e procederase ao encolado/pegado de céspede artificial. Ademais, renovaranse os termos de auga quente no campo municipal As Baloutas, en Petelos, e no pavillón de Sanguiñeda, e substituirase a bomba de calefacción e a de subida e baixada de canastra no pavillón Atín, en Cela.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.