MOS
Alunos do CEIP Mestre Martínez Alonso "revolucionan" o Pazo de Mos co seu desfile
O Revolution Fashion Day congregou, baixo o lema “Na Matria téxtil cada fío conta”, a centos de persoas nun evento benéfico en favor de Bicos de Papel e Mos Axuda
O pasado xoves 30 tivo lugar no Pazo de Mos, o Revolution Fashion Day, un desfile benéfico organizado polo CEIP Mestre Martínez Alonso e unha subasta da primeira colección de roupa da súa marca ‘ArtECO recicla’.
A marca de roupa foi froito do seu traballo para o Programa de Innovación da Xunta de Galicia, Polos Creativos. Como proposta para a institución, o centro escolar propuxo un laboratorio científico tencnolóxico para a mellora da convivencia escolar e o benestar emocional. Trátase do C Lab, Coexistence Lab, ou Laboratorio da convivencia. Neste espazo, certificado polo INTEF co selo Aula do Futuro, creouse unha proposta dacordo con o PDI de Dinamización da Biblioteca sobre o impacto ambiental e social do consumo.
A base deste xeito de traballo, concretouse como actividade para conmemorar e traballar en torno ao 8M, a través da confección das primeiras pezas da marca, na actividade ‘Matria téxtil’. Esta actividade consistiu na elaboración de bolsas reutilizables ou tote bags con lemas feministas ou de reflexión ambiental en diferentes linguas. Realizáronse a través da metodoloxía de ámbitos de aprendizaxe, froito do Plan de Formación neste campo de innovación educativa ofertada polo CFR de Vigo ao centro.
No acto, as familias e persoas que acudiron como público puideron poxar na subasta benéfica polas pezas elaboradas polo alumnado durante o curso escolar. Tamén se venderon camisetas de elaboración propia do centro con mensaxes sobre o seu proxecto. O recadado foi a favor da ONG Bicos de Papel de apoio á cativada afectada por doenzas oncolóxicas. Igualmente colaborouse con Mos Axuda a través da recollida de alimentos non perecedoiros.
O lema do evento: “Na Matria téxtil, cada fío conta”, ecoou alto e claro, deixando entrever que foi unha xornada froito do traballo de moitas persoas solidarias que se sumaron á causa.
Desde o Concello de Mos quíxose apoiar esta fermosa iniciativa e tanto a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, como a concelleira de Educación, Julia Loureiro, acompañaron á comunidade educativa durante o evento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22