Viernes, 12 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 03 de Junio de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

PSdeG-PSOE lamenta falta de compromiso para transformar la provincia

Ana Laura Iglesias cualificou de “lamentable, aínda que esperado, o voto en contra do PP para instar á Xunta a recuperar a Secretaría Xeral de Igualdade. “Seguen sen entender nada”

O Grupo Socialista lamentou no último pleno o "conformismo e a nula vontade política do goberno provincial do PP" que no pleno da Deputación votou en contra da moción do PSdeG-PSOE para poñer en marcha un Plan Extraordinario con recursos ambiciosos para os concellos a fin de recuperar o ritmo de transformación da  provincia. A portavoz socialista Ana Laura Iglesias lembrou os 6 plans extraordinarios para os municipios que desenvolveu o anterior Goberno de Carmela Silva, “plans como o PICEI, o Plan de Reequilibrio, o DepoRemse, o ReacPON ou o PON2030, con criterios obxectivos e equidade para garantir dereitos e servizos, que dotaron aos concellos de grandes equipamentos e infraestruturas. Foron 151 grandes actuacións cun investimento de 115 millóns de euros, que equilibraron as dotacións entre concellos, estimularon a economía das empresas e potenciaron o emprego”.

 


Iglesias, que lamentou “o frenazo da provincia co goberno popular”, recordou ao PP que o seu voto negativo só se debe a que “nin queren, nin saben facelo porque recursos teñen de sobra cos 208 millóns de euros de remanentes que ten a Deputación dos que, por certo, 196 son remanentes do anterior goberno, co que tamén se confirma coa liquidación do ano 23 que vostedes mentiron cando repetían que cando chegaron se atoparon á institución arruinada”.


A portavoz socialista asegurou non entender “como é posible que agora, unha vez que os números falaron, non aproveiten vostedes a extraordinaria herdanza económica que lles deixamos e aposten por un plan de verdade para os concellos, igual que aproveita o presidente anunciando como propios grandes proxectos cando son todos herdados do anterior goberno. Nin unha soa idea nova, todo unha copia do que puxo en marcha o goberno anterior. Cando presentamos esta moción dicíamos que habendo recursos o que no sabíamos era si había vontade amais de palabras. Hoxe deixou vostede claro que no, que só eran palabras ”.


O PP retrátase co seu voto negativo a que a Xunta recupere a Secretaría Xeral de Igualdade O Grupo Socialista cualificou tamén de incomprensible a negativa do PP de apoiar a moción para instar á Xunta a recuperar a Secretaría de Igualdade, “aínda que tendo en conta que seguen sen entender nada do que significa a loita pola igualdade o seu voto en contra era lamentablemente previsible. Polo menos, dixo, hoxe quedan retratados e a cidadanía pode tomar nota”.


Ana Laura Iglesias considerou que despois de que o PP rebaixara o rango das políticas de igualdade e “de forma aberrante separara a loita contra a violencia de xénero da promoción da igualdade xa tivemos que escoitar a barbaridade da conselleira dicindo que sería unha referencia en toda España telas separado. Pero non é unha novidade, sinalou, vostedes xa se cargaron na Deputación a área de igualdade, que era central no anterior goberno, colocándoa na área de familia, de política social. Vostedes sempre colocando ás mulleres na mundo do privado”.


A portavoz lamentou que “vostedes estean a dar hoxe unha mensaxe moi clara á provincia de Pontevedra e a toda Galicia: que non cren na igualdade e que están de acordo en que rebaixaran o posicionamento da súa política o que é toda unha declaración de principios”. A portavoz explicou que “non se pode loitar contra a violencia de xénero sen facer promoción da igualdade. Isto é de primeiro de feminismo. É a primeira lección que nin sequera coñecen. Pero anímolles a que se matriculen nos moitísimos cursos que existen en igualdade que lles poden orientar porque están vostedes absolutamente desorientadas e desorientados”.


Iglesias rematou subliñando que “en Galicia non fai falta que estea VOX, xa fai o Partido Popular a mesma política para facer que a igualdade ocupe un lugar secundario e de negar pola vía dos feitos que a violencia de xénero ten a súa base nun sistema patriarcal que exerce violencia coas mulleres polo feito de ter nacido mulleres”. “Para vostedes non é unha prioridade pero non estamos a falar dun colectivo, falamos da metade do mundo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.