MOS
A xustiza desestima o recurso dos comuneiros de Tameiga contra a Cidade Deportiva do Celta
A alcaldesa de Mos celebra que a xustiza “lle estea a quitar a careta á Comunidade de Montes e a todos os seus apéndices e tentáculos”. En cuestión de días chegaron desestimados os recursos da Comunidade de Usuarioa Petelos-Tameiga e da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga”
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, pronuciouse sobre a desestimación do recurso contencioso-administrativo interposto pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga que chega días despois doutra desestimación doutro recurso, o da Comunidade de Usuarios Petelos-Tameiga. “De novo a por segunda vez consecutiva en poucos días a xustiza volta a darnos a razón”, asegura a rexedora local mosense, quen insiste en que “a Comunidade de Montes de Tameiga está a quedar en evidencia e no lugar que lle corresponde”.
Nidia Arévalo, informou de que o devandito recurso foi desestimado polo TSXG, en Sentenza 235/2024, do 20 de maio de 2024, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contencioso-administrativo, Sección 2, procedemento ordinario 4241/2022 polo que “a xustiza dálle unha vez máis a razón ao Concello de Mos demostrando a evidente mala fe e intencionalidade política da Comunidade de Montes de Tameiga e de todos os seus apéndices e tentáculos”.
Arévalo celebra por tanto a desestimación do recurso contencioso-administrativo interposto pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga contra o Acordo do Pleno do Concello de Mos de 28.07.2022, polo que se acordou aprobar definitivamente o “Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións Para Instalacións Deportivas do Real Club Celta de Vigo S.A.D” en Pereiras, na Cidade Deportiva Deportiva Afouteza.
Con esta nova sentenza descártase calquera indicio de desviación de poder. E sobre o informe da Deputación Provincial de Pontevedra, conclúese que non existe ningunha afección polo que o informe non era necesario, e determinándose que o plan especial unicamente é a implantación dun equipamento deportivo que non supón un desenvolvemento urbanístico, senón unha actividade admisible no chan rústico que non comporta transformación urbanística do chan.
Sobre afección ás captacións de augas existentes e carencia de auga e saneamento no uso futuro das instalacións, considérase adecuado garantir a subministración de auga, mediante captacións autorizadas conforme á lexislación sectorial de augas constando a correspondente Resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e existindo por tanto recursos hídricos con garantías de calidade.
Conclúese que se previron todas as medidas correctoras necesarias para evitar, previr, reducir e corrixir calquera efecto negativo relevante ou impacto ao medio, non tendendo o espazo urbanizado ningunha repercusión anormal. Ademais, incluíronse as correspondentes zonas e perímetros de protección para as captacións de abastecemento de auga da poboación existentes e ao consumo humano, non constando invasión das zonas de protección.
Por tanto, en relación á afección sobre as captacións de auga existentes e carencia de auga e saneamento no futuro das instalacións conclúese que non se produce afección ás captacións de auga existentes, nin tampouco unha carencia de auga e saneamento no futuro das instalacións.
Sobre a falta de xustificación da idoneidade do emprazamento elixido e a imposibilidade ou inconveniencia de emprazalas en chan urbano ou urbanizable con cualificación idónea.
A xustificación da memoria do plan especial, resulta razoable e suficiente, e isto en relación co feito de que se trata dunhas instalacións que nacen con vocación de integrarse no conxunto do equipamento previsto da Cidade Deportiva do R.C. Celta, a ordenar mediante o Proxecto de interese autonómico.
Fonalmente establécese que non existe ningún incumprimento do documento ambiental estratéxico. Que queda xustificado debidamente polo plan especial o cumprimento das determinacións do documento ambiental estratéxico, que os cálculos sobre o saneamento, abastecemento e as augas residuais están debidamente cuantificados, sendo suficientes as infraestruturas expostas; e que son correctas as medidas de protección e control das captacións existentes.
Deste xeito a rexedora local, Nidia Arévalo, concluiu insistindo en que “o tempo dá e quita razóns e finalmente está poñendo todo no seu sitio, quitándolle a careta á Comunidade de Montes de Tameiga e deixando en evidencia o seu interese político por enriba do ben común. Un interese que os levou a mentir, falsear documentación, enganar á poboación, xerar alarma social… en definitiva orquestar unha campaña de acoso de derribo contra o Concello de Mos e contra a miña persoa en particular como alcaldesa que, agora queda demostrado, de pouco ou nada lles serviu. Nos seguiremos defendendo a verdade e os intereses de Mos por riba de todo”, rematou Arévalo, “defendendo á veciñanza, á súa calidade de vida, o seu futuro e o progreso e o porvir do Concello no que residen”. “Os que non queren que Mos creza nin evolucione perderon xa toda credibilidade e a xustiza está a poñelos no lugar que lles corresponde”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129